Skip to content

ACTIVIDADES DE XANEIRO EN LIBROS PARA SOÑAR

Xaneiro 12, 2015

"Non hai berce coma o colo" (Kalandraka).

 

O libro-disco “Non hai berce coma o colo”, publicado por KALANDRAKA, é o fío condutor das actividades programadas por LIBROS PARA SOÑAR no que queda deste mes de xaneiro. Trala pausa navideña, a libraría infantil do Casco Vello retoma a súa axenda habitual de sesións de animación á lectura arredor dun proxecto dirixido polos mestres e músicos Magoia Bodega e Paulo Nogueira, que recolleron neste traballo un feixe de cantos de arrolos tradicionais de diversas zonas de Galicia. As voces de Mini Rivas, Sonia Lebedynski e Merchi Rodríguez, de Leilía, son arroupadas polos instrumentos de Pancho Álvarez, Begoña Riobóo, César Longa e Segundo Grandío, xunto cos propios Paulo Nogueira e Magoia Bodega.

O resultado é unha obra chea de tenrura e sentimento que, no apartado visual, compleméntase coas ilustracións coloristas e luminosas de Mariona Cabassa. Unha selección das imaxes que ilustran o libro permanecerán expostas en LIBROS PARA SOÑAR este mes de xaneiro.

 

 

A sesión de contacontos do venres día 16, ás 18:30 horas, leva por lema “Contos na cama”; que mellor ocasión para lembrar a historia dos medos de Bieito en “Sacapenas”, unha obra do autor británico Anthony Browne. A actividade rematará cun obradoiro de plástica creativa.

O venres día 23 será unha sesión chea de aloumiños, mimos e mecos: “Contos que acarician”.

 

 

O mércores 28, ás 17:30 horas, tempo para os máis pequenos da casa, coa primeira sesión de contacontos para bebés deste 2015.

Remataremos xaneiro celebrando unha data moi especial: o Día Mundial da Paz e da Non Violencia. O título da sesión non podía ser outro que “Contos para paz”, na que contaremos coa participación da nosa amiga Mónica, unha profesora de inglés que contará “A taste of the moon“, a tradución do célebre “A que sabe a lúa?”, de Michael Grejniec.

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: