Skip to content

CHARLA SOBRE ‘ANIMAR A LER DE 0 A 3 ANOS’

Outubro 14, 2014

 

LIBROS PARA SOÑAR ofrecerá mañá mércores, a partir das 17:30 horas, unha charla  dirixida especialmente a nais e pais, educadores, bibliotecarios e mediadores, co lema “Animar a ler de 0 a 3 anos”. Trátase dunha sesión informativa previa ao inicio dos contacontos para bebés, que comezarán o vindeiro mércores 29 á mesma hora, e que terán unha periodicidade quincenal.

Na charla comentaranse pautas para introducir os libros e a lectura dende o berce, comezando polos recursos da tradición oral: cantos corporais, arrolos, recitados… Posteriormente, en cada etapa do crecemento procederán distintos tipos de materiais: libros de madeira, de tea ou de cartón, que potencian os elementos visuais e os textos breves en maiúsculas para que os nenos e nenas se familiaricen coas letras.

Haberá unha mostra dos materiais recomendados, entre eles, a colección “Do berce á lúa”, de Antonio Rubio e Óscar Villán, publicada por KALANDRAKA. Esta serie, que inicialmente naceu con cinco títulos -Lúa, Crocodilo, Miau, Paxariña de papel e Cinco- vén de incorporar tres volumes máis: Violín, Zapato e Piñeiro. Baséase no concepto de pictograma poético ou poegrama, con imaxes recoñecibles sobre fondos limpos que se corresponden en cada páxina coas palabras representadas, conformando un texto rimado. O ritmo e a rima están no cerne desta proposta pioneira.

As sesións de contos para bebés serán abertas ao público e de balde, coa única condición de que os nenos e nenas estean acompañados dunha persoa adulta

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: