Skip to content

“BRINCA VAI!” E OS NOVOS POEGRAMAS, NAS ACTIVIDADES DESTA SEMANA

Maio 20, 2014

Presentación de "Brinca Vai!" en LIBROS PARA SOÑAR.

PACO NOGUEIRAS PRESENTA AS CANCIÓNS DE “BRINCA VAI!” ESTE VENRES EN LIBROS PARA SOÑAR

Os novos títulos da colección ‘Do berce á lúa’ para pre-lectores protagonizarán a sesión de contos para bebés de mañá mércores

O músico Paco Nogueiras presentará este venres ás 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR, o seu primeiro traballo discográfico propio, titulado “Brinca Vai!” e editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd. Con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo, “Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.

Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todos os temas, nos que aborda temas incluídos no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais, a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.

Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo. “Brinca Vai!” reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión.

"Piñeiro", "Violín" e "Zapato", novos títulos da colección 'Do berce á lúa'.

CONTOS PARA BEBÉS

Na sesión de contacontos para bebés de mañá mércores, ás 17:30 horas, o repertorio vai incluir por primeira vez os novos títulos da colección “Do berce á lúa”, para pre-lectores. Antonio Rubio e Óscar Villán son os artífices -nos textos e nas ilustracións, respectivamente- desta serie de pictogramas poéticos ou poegramas, que medra así coa incorporación de “Violín”, “Zapato” e “Piñeiro”.

A musicalidade e os sons, os elementos do entorno máis inmediato ou a disposición espacial dos obxectos son algunhas achegas destes novos volumes de cartón duro e formato reducido creados para “educar o ollo e adozar o oído” dos máis pequenos. Esta colección destaca pola perfecta correlación entre ilustración e texto, a conxunción da forza visual e da grafía, con imaxes que se dispoñen ordenadamente á maneira dos versos -medidos, con ritmo e rima- e facendo posible a lectura de forma autónoma dende unha idade temperán.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: