Skip to content

NO 14º ANIVERSARIO DE LIBROS PARA SOÑAR

Abril 29, 2014

Iria Mantilla, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

LIBROS PARA SOÑAR celebrou o seu 14º aniversario cunha sesión especial de contos. Visitáronnos a mestra e narradora Iria Mantilla, que iniciou o repertorio coa historia de “Os tres osos“:

Érase unha vez tres osos que vivían nunha cabana no bosque. Un era moi grande, outro era mediano e o outro era moi pequeno. Os tres osos erguíanse cedo todos os días e preparaban o seu almorzo de papas e avea. O oso grande comía nunha cunca grande. O oso mediano comía nunha cunca mediana. O oso pequeno comía nunha cunca pequeniña. Pero aquel día as papas estaban moi quentes. Por iso, os tres osos decidiron ir dar un paseo mentres o almorzo arrefriaba…

Carmela Sieiro, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Quen non quixo perder a festa de aniversario da libraría foi o protagonista do clásico “O tigre que veu tomar o té“. Na voz da libreira Carmela Sieiro, escoitamos esta historia de Judith Kerr:

…Sofía abriu a porta e atopouse cun enorme, peludo e raiado tigre, que dixo:
–Perdón, estou morto de fame. Podería tomar un té con vós?
A nai de Sofía dixo:
–Pois claro que si, pasa, pasa…

Carmela Sieiro, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Carmela Sieiro, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Sandra Senra, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Tratándose dun día tan importante, tiñamos unha sorpresa para os nenos e nenas que nos acompañaron no cumpreanos de LIBROS PARA SOÑAR. O profesor da EMAO, Juan Rivas, e a súa familia, escenificaron para nós o conto dos irmáns Grimm “Os catro amigos“:

Érase unha vez un home que tiña un burro. Durante moitos anos o animal
levou a carga ao muíño mais agora, vello e canso, xa non tiña forzas para ese traballo.
Así que o home, para aforrar uns poucos cartos, non lle volveu dar comida.
O burro, diante deste negro panorama, decidiu escapar a Bremen para facerse músico da rúa…

A familia Rivas, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

A familia Rivas, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

A familia Rivas, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

A familia Rivas, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR. A familia Rivas, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

A familia Rivas, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR. A familia Rivas, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Puxémoslle o broche de ouro á sesión de contacontos cunha enorme torta de cumpreanos despregable. Pero como o papel non se come…

Sandra Senra, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR. Sandra Senra, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

Sandra Senra, na sesión de contacontos do 14º aniversario de LIBROS PARA SOÑAR.

…Démoslles outra sorpresa aos nenos e nenas cando Carmela e Sandra entraron na sala de animación á lectura levando un pastel de verdade, con chocolate de verdade, con velas de verdade!

A torta de cumpreanos, inspirada nos personaxes de "Onde viven os monstros", de Sendak.

A torta de cumpreanos, inspirada nos personaxes de "Onde viven os monstros", de Sendak.

Coa enerxía de todos sopramos as candeas deste 14 aniversario de LIBROS PARA SOÑAR. 14 anos promovendo a Literatura Infantil e Xuvenil dende o Casco Vello vigués, formando novos lectores dende a infancia, alentando a creatividade dos cativos, colaborando na formación do profesorado e dos mediadores, facendo propostas para que nais e pais fagan do libro e da lectura un hábito compartido no fogar, asesorando e achegando lecturas con criterio ao público no seu paso pola libraría…

A torta de cumpreanos, inspirada nos personaxes de "Onde viven os monstros", de Sendak.

A torta de cumpreanos, inspirada nos personaxes de "Onde viven os monstros", de Sendak.

Saboreamos este 14 anos de traballo cunha torta de aniversario inspirada na viaxe de Max ao territorio de ensoño “Onde viven os monstros”. A obra de Maurice Sendak inspíranos día a día… así sexa por outros 14 anos máis!

“…A fantasía é a esencia de toda escritura para nenos, como creo que o é para a escritura de calquera tipo de libro, para calquera acto creativo e, tal vez tamén, para o acto de vivir.” (Maurice Sendak)

A torta de cumpreanos, inspirada nos personaxes de "Onde viven os monstros", de Sendak.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: