Skip to content

NO DÍA DO LIBRO, ‘BOOKCROSSING’ DE ANIVERSARIO DE LIBROS PARA SOÑAR

Abril 23, 2014

Os contos liberados xa están agardándovos no parque, na parada do bus, no teatro...

LIBROS PARA SOÑAR celebrou hoxe, neste Día Mundial do Libro, o seu 14º aniversario cunha acción de ‘bookcrossing’, liberando contos por distintos espazos públicos da cidade de Vigo: a parada do bus, a porta do teatro ou o parque son algúns dos moitos lugares nos que os nenos e nenas puideron atoparse con esta invitación entusiasta a ler e a compartir lecturas.

“Son un libro moi especial, un libro viaxeiro”. Así comeza o texto da etiqueta coa que se identifica cada obra, cunha sinxela mensaxe dirixida ás persoas que a poidan atopar e na que se lle explican as instruccións para participar nesta iniciativa cultural: ler o libro, deixalo posteriormente nun lugar protexido da chuvia e visitar a páxina de LIBROS PARA SOÑAR en Facebook, onde os usuarios poden comentar a súa lectura e deixar tamén unha fotografía do lugar onde se depositou o conto para que outros lectores poidan recollelo e continuar esta cadea.

Os contos liberados xa están agardándovos no parque, na parada do bus, no teatro...

Xunto co ‘bookcrossing’, LIBROS PARA SOÑAR tamén celebrou este Día do Libro cunha sesión de contacontos para bebés ata 3 anos. Ademais, as compras que se realizaron ao longo da xornada tiveron un 10% de desconto.

O programa de celebracións continuará este venres día 25 ás 18:30 horas, cunha sesión especial de contacontos para nenos e nenas a partir de 4 anos, con entrada libre e de balde. Será o momento de festexar o aniversario da libraría, con música de acompañamento para o repertorio de contos e torta de cumpreanos.

A continuación podes ver unha galería dos contos que foron ceibados, en lugares moi diversos da cidade…

Os contos liberados xa están agardándovos no parque, na parada do bus, no teatro... Os contos liberados xa están agardándovos no parque, na parada do bus, no teatro...

'Bookcrossing' de Libros para Soñar en Vigo.

'Bookcrossing' de Libros para Soñar en Vigo.

'Bookcrossing' de Libros para Soñar en Vigo. 'Bookcrossing' de Libros para Soñar en Vigo.

Esta é a etiqueta que identifica os libros liberados nesta acción de ‘bookcrossing’. Para participar, basta seguir as indicacións. Feliz lectura!

Etiqueta que identifica os libros liberados, coas instruccións para participar no 'bookcrossing'.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: