Skip to content

CONTOS PARA BEBÉS E HISTORIAS DE ELEFANTES

Abril 8, 2014

Cinco_g

LIBROS PARA SOÑAR organizará mañá mércores, ás 17:30 horas, unha nova sesión de contacontos para bebés. As narradoras Sandra Senra e Iria Mantilla combinarán cancións e sinxelos relatos enfocados a estimular o desenvolvemento dos pre-lectores a nivel sensorial e psicomotriz. “Cinco”, da colección ‘Do berce á lúa’ de KALANDRAKA, é un libro de cartón cos cantos redondeados que dá pé a practicar rimas e xogos.

Tamén contarán “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, un clásico contemporáneo dos alemáns Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch, que destaca pola presenza de animais cos que os nenos e nenas están familiarizados, e dos que aprenden a recoñecer que sons emiten.

CONTACONTOS DE ELEFANTES"Rosa Caramelo", de Adela Turín e Nella Bosnia (Kalandraka).

Trala recente presentación do álbum “Elefante comellón”, e coas ilustracións de Marc Taeger expostas durante este mes de abril na sala de mostras de LIBROS PARA SOÑAR, a sesión de contacontos deste venres, a partir das 18:30 horas, seguirá xirando arredor destes pesados personaxes.

As libreiras escollerán relatos como “Pancho”, de Antonio Santos, que habitaba na sabana ata que foi capturado para traballar nun circo; ou como “Rosa caramelo”, de Adela Turín e Nella Bosnia, que se rebela contra as normas que lle impoñen os seus pais e deixa de comportarse e de vestirse como outras pequenas elefantas para actuar con plena liberdade.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: