Skip to content

MARC TAEGER PRESENTA ‘ELEFANTE COMELLÓN’

Abril 3, 2014

Presentación de "Elefante comellón", con Marc Taeger.

O ilustrador suízo Marc Taeger, afincado no Morrazo, será o protagonista da sesión de contacontos que se celebrará mañá venres en LIBROS PARA SOÑAR, a partir das 18:30 horas. Presentará o seu novo traballo, un álbum ilustrado titulado “Elefante comellón”, publicado por KALANDRAKA. Trátase dun relato do narrador vallisoletano Rafael Ordóñez que Marc Taeger acompaña con imaxes elaboradas coa técnica do linogravado.

No proceso de impresión dos orixinais, o ilustrador contou coa colaboración dos profesores Federico Fernández e Alba Pardo, da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo.

Marc Taeger e Federico Fernández no taller de serigrafía da EMAO.

“Elefante comellón”, dirixido a lectores a partir de 5 anos, reúne un divertido grupo de animais que percorren a sabana na procura de cadansúa foita. Humor e xogos de palabras rimadas caracterizan este relato de estrutura acumulativa e repetitiva.

En sintonía co sentido lúdico do texto, Marc Taeger presenta un atractivo mosaico de personaxes, con formas e colores sorprendentes e chamativos. Despois de ter ilustrado “A verdadeira historia de Carapuchiña” (Premio Daniel Gil de Deseño Editorial), “Aquiles o puntiño”, “Tic-Tac”, “A guía Necsia”, “Garavanciño” e “Artur”, este álbum é o seu sétimo título no catálogo de KALANDRAKA.

Marc Taeger e Alba Pardo, no taller de serigrafía da EMAO.

Ao longo da súa traxectoria como ilustrador, Marc Taeger ten experimentado con técnicas artísticas diversas, dende o linogravado ao collage, mais sempre cun elevado compoñente de traballo artesanal, que logo é quen de trasladar ás aulas escolares nas sesións de animación á lectura nas que participa coa súa compañeira Olalla González, mestra, narradora e adaptadora de contos.

Durante este mes de abril, a sala de exposicións de LIBROS PARA SOÑAR acolle unha mostra das ilustracións de Marc Taeger, xunto con bosquexos e materiais utilizados no proceso do linogravado. “Elefante comellón” tamén se asoma ao escaparate da libraría, cunha instalación artística realizada polo propio artista.

Escaparate de Libros para Soñar dedicado a "Elefante comellón" (foto, Marc Taeger).

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: