Skip to content

DÍA DA POESÍA EN LIBROS PARA SOÑAR

Marzo 19, 2014

"Tras tras cucutras", de Juan Clemente Gómez e Aitana Carrasco (Faktoría K).

O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía e LIBROS PARA SOÑAR vai sumarse a esa celebración cunha sesión de animación á lectura especial, cun recital de textos poéticos. Coñeceremos por primeira vez un libro titulado “Gorigori”, de María Jesús Jabato: trátase da obra galardoada co VI Premio Internacional Cidade de Orihuela, que vén de saír do prelo e de presentarse na cidade natal de Miguel Hernández.  Poesía e arte van da man neste conxunto de versos ilustrados coas reproducións das obras pictóricas que inspiraron a autora.

Canda “Gorigori” tamén repasaremos outros poemarios: “El secreto del oso hormiguero”, “Ciudad laberinto”, “Los versos del libro tonto”, “Palabras para armar tu canto” e “El idioma secreto” tamén forman parte desa colección de obras vencelladas á memoria do poeta oriolano. Ao igual que “Tras tras cucutrás”, “De los álamos el viento”, “La hora de los relojes” e “Bululú”, que tamén se atopan no selo Faktoría K.

Tampouco faltarán versos en galego a  través das seleccións poéticas de grandes autores como Celso Emilio Ferreiro ou Rosalía

Ademais, visitarán LIBROS PARA SOÑAR os autores de “O cullarapo Croque”, Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso, que presentarán esta obra, a primeira en Galicia editada a través do sistema crowfounding. O personaxe do cullarapo é o fío condutor entre as historias que habitan neste libro cheo de poemas, colorido e dozura.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: