Skip to content

PRESENTACIÓN DE ‘4 OJOS’ CUN ROTEIRO POLO CASCO VELLO

Marzo 13, 2014

Sara Canal e Pablo Otero, autores de "4 Ojos" (Eurisaces Editora).

Os autores Sara Canal e Pablo Otero van visitar LIBROS PARA SOÑAR mañá venres, ás 18:30 horas, para presentar o seu libro infantil “4 Ojos”, publicado por Eurisaces.

Esta obra bilingüe castelán-inglés conta a historia de Pepa, unha nena que ve todo borroso e precisa uns lentes. Trátase dunha reflexión “sobre a relación entre os nenos e nenas cos lentes, sobre o destino, a paciencia e as segundas oportunidades”, explica Sara Canal.

Na procura dun obxecto misterioso relacionado con "4 Ojos".

Tras recibir o público infantil na libraría e introducir o argumento deste conto, Sara Canal e Pablo Otero porán en marcha un roteiro didáctico polo Casco Vello, nas inmediacións de LIBROS PARA SOÑAR. Co lema “Corre, Cometa, corre!”, esta proposta lúdica invitará tanto os rapaces e rapazas como os maiores, a atopar un obxecto perdido relacionado co libro a partir dunhas pistas encadeadas que os autores lles facilitarán.

O obxectivo deste xogo, segundo Pablo Otero, é favorecer que os máis pequenos teñan un coñecemento directo da cidade no seu contorno máis próximo, que adquiran “novas experiencias” accedendo, por exemplo, a lugares ou establecementos “nos que non entrarían polo seu propio pé”. Así, seguindo as tarxetas deseñadas polos autores, os participantes no obradoiro terán que fixarse en detalles arquitectónicos, ou mesmo buscar marcas nas paredes para atopar o obxecto misterioso.

Presentación de "4 Ojos" en LIBROS PARA SOÑAR.

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: