Skip to content

ESTA TARDE, HISTORIAS ‘EN FEMININO’ NA SESIÓN DE CONTACONTOS

Marzo 7, 2014

Adela Turín, escritora. Nella Bosnia, ilustradora.

A obra de autoras como Adela Turín e Nella Bosnia vai protagonizar a sesión de contacontos desta tarde, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Na véspera do Día Internacional da Muller, este sábado 8 de marzo, a libraría infantil do Casco Vello vigués destacará relatos nos que os personaxes femininos acadan a súa liberdade, defenden a identidade propia por riba das convencións sociais e rebélanse contra a superioridade dos personaxes masculinos.

Rosa caramelo” e “Artur e Clementina” son dous exemplos de literatura infantil plantexada en termos de igualdade que, a modo de fábula, contan a historia da elefanta Margarida e da tartaruga Clementina. A primeira, obrigada a comer, vestir e comportarse dun xeito determinado. A segunda, dependente dunha parella que a subestima e a sobrecarga de obxectos materiais que non satisfán as súas aspiracións persoais. As dúas conseguen rachar cun destino predeterminado para desenvolverse dun xeito autónomo na procura do seu benestar.

Estes dous álbums -xunto con “A historia dos bonobos con lentes”- forman parte dunha colección creada por Adela Turín e Nella Bosnia hai máis de trinta anos, co lema «Dalla parte delle bambine», que foi editada en España por Esther Tusquets co título «A favor de las niñas» e recuperada agora por KALANDRAKA. Traducida a varias linguas, pronto se converteu nunha serie de referencia para a coeducación e a igualdade.

Tres décadas despois, conservan toda a súa vixencia e seguen sendo moi necesarios para seguir reivindicando o rol feminino na sociedade, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, para cambiar mentalidades e construir un mundo mellor.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: