Skip to content

TOUR PEQUENOS EDITORES

Marzo 4, 2014

Tour Pequenos Editores

LIBROS PARA SOÑAR convídate este xoves 6 de marzo, ás 19:00 horas, a un encontro cos responsables de tres editoriais independentes: Arianna Squilloni, de A Buen Paso; Pablo Larraguíbel, de Ekaré; e José Díaz, de Thule. Os tres están realizando unha xira por distintas cidades do Estado e, tras presentar os seus proxectos editoriais en Andalucía e Valencia, están a visitar Galicia esta semana.

En Vigo, LIBROS PARA SOÑAR é o lugar elixido por Arianna, Pablo e José polo seu carácter de libraría especializada en literatura infantil e xuvenil. Na súa intervención, estes tres editores van comentar o papel das librarías especializadas na promoción do álbum ilustrado; a función dos libreir@s como expertos e asesores dos lectores, non só na recomendación de novidades, senón de títulos de fondo que non teñen cabida noutras librarías xeralistas.

Ademais de facer dun breve repaso á traxectoria de cada selo, os editores de A Buen Paso, Ekaré e Thule van expoñer en que se argumenta a súa aposta decidida por publicar un tipo de libros que están chamados a perdurar nas estanterías dos lectores. Lonxe de competir entre si, estas pequenas editoriais forman alianzas estratéxicas para fortalecer a súa posición fronte aos grandes grupos empresariais co obxectivo de seren visibles no complexo mercado da LIX. Arianna Squilonni, Pablo Larraguíbel e José Díaz presentarán algunhas das súas novidades recentes, mais tamén os clásicos dos seus respectivos catálogos.

A súa visita a LIBROS PARA SOÑAR está aberta á participación de especialistas en LIX, bibliotecarios, mediadores, docentes, críticos, autores e ilustradores, así como a lectores e lectoras en xeral, interesados na literatura infantil e xuvenil e no álbum ilustrado. Non faltará o diálogo e a interacción co público, a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do panorama editorial.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: