Skip to content

O ALUMNADO DO CURSO DE CONTACONTOS ESTRÉASE NAS SESIÓNS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Febreiro 27, 2014

O alumnado do curso de contacontos estreouse na sesión infantil de Libros para Soñar.

Os alumnos e alumnas do curso de contacontos que se impartiu este mes de febreiro en LIBROS PARA SOÑAR, dirixido pola narradora e actriz Bea Campos, van participar na sesión de contacontos de mañá venres, ás 18:30 horas.

Despois de terse familiarizado cos distintos tipos de álbums ilustrados existentes no mercado e de aprender técnicas de expresión dramática, estrearanse por fin como contacontos na sesión de animación á lectura, ante o público infantil da libraría, sempre tan esixente.

O alumnado do curso de contacontos estreouse na sesión infantil de Libros para Soñar.

O alumnado do curso de contacontos estreouse na sesión infantil de Libros para Soñar. O alumnado do curso de contacontos estreouse na sesión infantil de Libros para Soñar.  O alumnado do curso de contacontos estreouse na sesión infantil de Libros para Soñar. O alumnado do curso de contacontos estreouse na sesión infantil de Libros para Soñar. O alumnado do curso de contacontos estreouse na sesión infantil de Libros para Soñar.

O alumnado do curso de contacontos estreouse na sesión infantil de Libros para Soñar. O alumnado do curso de contacontos estreouse na sesión infantil de Libros para Soñar.

Na sesión do venres pasado xa contaramos coa actuación do primeiro grupo, que colleitou moitos aplausos cun repertorio de contos a base de “Frederick”, “Imos cazar un oso” e outros textos.

Agora é a quenda dos integrantes do segundo equipo, que nos últimos días veñen preparándose a conciencia para facer un bo papel.

Entre os relatos que contarán destacan “A viaxe de Olaf”, que gañara o Premio Compostela de Álbum Ilustrado; a adaptación do conto tradicional “A ratiña presumida”; e “Sacapenas”, do prestixioso autor británico Anthony Browne. Con estas obras practicaron as novas destrezas adquiridas a nivel de oralidade, expresividade e posta en escena, coa expectativa de satisfacer os nenos e nenas da sesión.

MOMENTOS DO CURSO

…Rodeados de libros. Así comezou o curso de contacontos que impartiu Bea Campos en LIBROS PARA SOÑAR. Contos para distintas idades, de formatos diferentes, sobre temas, enfoques e historias moi variadas. Relatos recuperados da oralidade, obras de nova creación, de creadores galegos ou de autores estranxeiros. O mercado editorial é moi amplo e cómpre separar o gran da palla.

Contar contos non é tan doado como parece, pero Bea Campos ofreceulles pautas aos aprendices e aconsellounos en base á súa longa experiencia como narradora.

Así transcorreu o curso de contacontos con Bea Campos en Libros para Soñar.

Así transcorreu o curso de contacontos con Bea Campos en Libros para Soñar.

Contar contos é traballar coa palabra, tan poderosa. Expresar e exteriorizar emocións e sentimentos. Cómpre para iso ter un bo dominio da xestualidade, actuar con naturalidade e interiorizar o conto de principio a fin, procurando que o público se sinta partícipe.

Cada conto require unha estratexia narrativa particular: emoción, misterio, temor, ledicia… é inmenso o abano de mensaxes que transitan na historia. Actuando como narradores uns diante dos outros fomentábase o intercambio de impresións e a aprendizaxe colectiva.

E co libro sempre presente, o primeiro paso sempre é rachar co medo escénico. A recompensa, ter a capacidade para sementar ilusión coa voz.

Dende LIBROS PARA SOÑAR, grazas a todos os participantes neste curso por confiar nesta proposta formativa. E grazas a Bea Campos pola súa dedicación.

Así transcorreu o curso de contacontos con Bea Campos en Libros para Soñar.

Así transcorreu o curso de contacontos con Bea Campos en Libros para Soñar.

Así transcorreu o curso de contacontos con Bea Campos en Libros para Soñar.

Así transcorreu o curso de contacontos con Bea Campos en Libros para Soñar.

Así transcorreu o curso de contacontos con Bea Campos en Libros para Soñar.

Así transcorreu o curso de contacontos con Bea Campos en Libros para Soñar.

Así transcorreu o curso de contacontos con Bea Campos en Libros para Soñar.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: