Skip to content

CONTOS CON KAMISHIBAI, MAÑÁ EN LIBROS PARA SOÑAR

Febreiro 6, 2014

A profesora e contacontos Esperanza Vázquez.

A profesora Esperanza Váquez López, do CEIP da Sobrada (Tomiño), vai protagonizar a sesión de contacontos de mañá venres, ás 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. “De eiruga a bolboreta” é a historia que compartirá cos nenos e nenas. Trátase dunha adaptación do conto “Casos y cosas de gusano y mariposa”, dos arxentinos Beatrice Doumerc e Ayax Barners.

Os autores deste libro -publicado por primeira vez nos anos 70- crían na literatura como ferramenta para estimular o crecemento dos lectores, o seu espírito crítico e a súa curiosidade. Por iso a escritora Beatrice Doumerc e o ilustrador Ayax Barners tiveron que exiliarse de Arxentina en plena dictadura militar, que censurou e prohibiu as súas obras por temor a que encamiñasen os lectores infantís na senda da liberdade.

Especialista en educación artística e musical, Esperanza Vázquez colabora na posta en marcha das actividades da biblioteca do centro onde traballa. Así, na biblioteca Axexo veñen impulsado un proxecto denominado “Sementes Lectoras” que consiste na organización de sesións de contacontos en horario extraescolar para animar a ler en familia, a partir da obra de autores clásicos da literatura galega.

Para achegar a literatura infantil a todos os públicos, comezando polos máis pequenos, Esperanza Vázquez recorre a materiais asequibles como cartón, rolos de papel, plafóns ou paraugas que recicla e converte en elementos sorprendentes que logo manexa aplicando a técnica do kamishibai: libros xigantes, bonecos, escenografías… o seu obxectivo é que cada conto traspase o papel e atrape a atención do público, de xeito que a historia non só sexa escoitada, senón tamén vivida.

Ademais, participa nunha rede de intercambio de contacontos que reúne a varios centros educativos, como os CEIP da Sobrada, de Pazos de Reis (Tui), e o colexio de Vila Nova de Cerveira (Portugal).

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: