Skip to content

CURSO DE CONTACONTOS PARA ADULTOS CON BEATRIZ CAMPOS

Febreiro 4, 2014
tags:

Curso de contacontos para adultos impartido por Beatriz Campos.

LIBROS PARA SOÑAR vai acoller a celebración dunha nova edición do curso de contacontos para adultos que imparte a actriz e narradora Beatriz Campos. Será do 17 ao 21 deste mes de febreiro de 10:30 a 13:30 horas pola mañá, ou de 17:00 a 20:00 horas pola tarde, ofrecéndolles ás persoas interesadas a posibilidade de escoller entre o turno matinal ou o vespertino. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral..

As sesións vanse dividir en tres partes: comezarán cunha clasificación dos álbums ilustrados por idades, atendendo á súa temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan actualmente no mercado.

Tamén se tratarán pautas sobre como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público, segundo sexan bebés, nenos ou maiores. Nesta sección atenderase especialmente a recuperación e a posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, así como o legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas.

Finalmente, a través de xogos de expresión e de exercicios de relaxación, abordaranse as técnicas para aprender a contar; presentaranse e analizaranse as fases de preparación dunha sesión de contacontos.

Bea Campos é licenciada en Arte Dramática. Está vencellada ao teatro dende moi nova a través da compañía Migallas, coa que representou diversas obras e interviu en actividades infantís como o programa “Á procura do tesouro”, que se desenvolve no Concello de Pontevedra. Traballou no equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías, bibliotecas e centros culturais. Colabora cos grupos Inversa Teatro, Arela das Artes, Matreska Teatro e Triatreros.

Nos últimos anos -xunto co actor e músico David González- realiza a sesión de bebés “Entre arrolos e contiños”. Ademais, protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas” que se representa por toda Galicia e coa que estivo de xira por Latinoamérica, onde participou como narradora no III Festival de las Artes Escénicas Gran Caribe. Participa en espectáculos de improvisación e foi intérprete no documental “Pelo Gato 24”. Imparte clases a grupos de teatro afeccionado e cursos de formación en expresión oral e narración para o profesorado.

Xa está aberto o prazo de inscrición para este curso de contacontos, cun custe de 35 euros (30 € no caso de estudantes e desempregados).

6 Comentarios leave one →
  1. Laura permalink
    Xaneiro 21, 2014 12:29 pm

    Hola!!! son unha profe da zona de Lugo e estou moi interesada neste curso, e sei de máis docentes os/as que lles gustaría poder asistir, pero pola distancia e os horaios nos é imposible facelo. Cabería a posibilidadde de que nalgún momento do ano fixerades este curso preto desta zona, ou nun horario de fin de semana, por exemplo, para poder compatibilizalo co noso traballo??moitas grazas!!!

    • palabras no ar permalink*
      Xaneiro 21, 2014 4:52 pm

      Ola Laura, moitas grazas por contactar con Libros para Soñar e polo voso interese neste curso. Recollemos a consulta e trasladámoslla a Bea Campos para que a valore. Xa contactamos convosco por correo electrónico para trasladarvos calquera novidade ao respecto. Saúdos.

      • Laura permalink
        Xaneiro 22, 2014 1:25 pm

        Moitas grazas!!!!! Espero logo a resposta. Felicidades pola vosa librería, algún día me acercarei ata ahí a vela en persoa, encántame!!!!

  2. Carmen permalink
    Febreiro 10, 2014 10:33 pm

    Gustaríame inscribirme no curso.Cómo teño que facer?

    • palabras no ar permalink*
      Febreiro 13, 2014 2:46 pm

      Moitas grazas polo interese. Por favor, contacta con Libros para Soñar por teléfono (986 43 37 68) ou por correo electrónico: lps@kalandraka.com
      Saúdos.

Trackbacks

  1. Curso de contacontos para adultos - ¿Qué hacer en Vigo? | La Guía de Ocio de Vigo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: