Skip to content

CONTOS DA PAZ

Xaneiro 30, 2014

"O nacemento do dragón" (Faktoría K). "Pequeno Azul e Pequeno Amarelo", de Leo Lionni (Kalandraka) "Nadarín", de Leo Lionni (Kalandraka). "A que sabe a lúa?", de Michael Grejniec (Kalandraka).

Os contos sobre a solidariedade, a convivencia e a cooperación ocuparán a sesión de contacontos de mañá venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. A libraría infantil do Casco Vello vigués súmase así aos actos conmemorativos do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se celebra hoxe en recordo do pasamento de Mahatma Gandhi, hai 66 anos.

Un dos relatos do repertorio será “O nacemento do dragón”, una edición bilingüe en galego e chinés, publicada no selo Faktoría K, sobre a orixe deste animal mitolóxico, símbolo da paz. As libreiras de LIBROS PARA SOÑAR, Sandra Senra, Carmela Sieiro e Beatriz Campos, tamén repasarán clásicos de Leo Lionni como “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo” e “Nadarín”, de Kalandraka, que abordan valores como a amizade e a unión.

Outro libro moi apreciado polo público infantil é “A que sabe a lúa?”, de Michael Grejniec, no que os animais colaboran entre si para chegar ata a lúa e probar un anaco, que a cada un lle sabe ao que máis lle gusta. Unha obra sobre a perseverancia e os logros compartidos.

A sesión rematará coa canción “Campás pola paz”, incluida no libro-disco “Pan de millo”, de Migallas Teatro. Será una interpretación especial, en lingua de signos, para favorecer o achegamento dos máis novos a este sistema de comunicación que racha barreiras e facilita a integración das persoas con discapacidade.

Ademais, segue aberto o prazo de inscrición no curso de contacontos para adultos que se impartirá do 17 ao 21 de febreiro, con dous grupos a elixir: en horario de mañá de 10:30 a 13:30h, ou en quenda tarde, de 17:00 a 20:00h.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: