Skip to content

TRADICIÓN, MÚSICA E SIGNOS NOS CONTACONTOS PARA BEBÉS

Xaneiro 23, 2014

Nas sesións de contacontos para bebés de Libros para Soñar.

Retomamos as sesións especiais de contacontos para bebés. LIBROS PARA SOÑAR énchese de carriños que quedan estacionados como nos aparcadoiros de vehículos que atopamos por Vigo, mentres os nenos e nenas -coas súas mamás e papás- participan entusiasmados nas propostas que as nosas expertas en animación á lectura lles teñen preparadas.

Nas sesións de contacontos para bebés de Libros para Soñar. Nas sesións de contacontos para bebés de Libros para Soñar.

É a hora da merenda… normal que teñamos apetito! Sandra Senra e Beatriz Campos invítannos a tomar un pedaciño de pan do que cociñou “A galiña roxa“, unha peza de froita da que comparte “Paxariña de papel“, un pouco de zume de imaxinación. Delicioso!

Nas sesións de contacontos para bebés de Libros para Soñar.

Nas sesións de contos para bebés non faltan a música e o ritmo. Cantamos, movemos os brazos, escenificamos con xestos as cancións. Practicamos expresión e psicomotricidade. Moita enerxía gastamos, pero que ben o pasamos!

Nas sesións de contacontos para bebés de Libros para Soñar.

Nas sesións de contacontos para bebés de Libros para Soñar.

Nas sesións de contacontos para bebés de Libros para Soñar.

O ritmo dos ‘poegramas’ da colección “Do berce á lúa“, as adaptacións dos contos tradicionais que nos conectan coa oralidade e coa cultura popular de antano, e tamén a linguaxe de signos son algúns dos aspectos nos que se incide nestas sesións. Todo ten un por que.

Nas sesións de contacontos para bebés de Libros para Soñar.

Nas sesións de contacontos para bebés de Libros para Soñar.

A mellor recompensa é contribuir ao achegamento dos máis pequenos aos contos, orientar os pais e nais sobre os materiais axeitados a cada etapa da primeira infancia e asistir en primeira fila ao fermoso mosaico de caras de asombro, de susto, de ledicia, de intriga… que tanto pequenos como maiores nos obsequian en cada conto que os atrapa e lles fai sentir e emocionarse.

…Dentro de quince días, nova sesión de contacontos para bebés en LIBROS PARA SOÑAR.

Nas sesións de contacontos para bebés de Libros para Soñar.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: