Skip to content

CONTOS DE TOMI UNGERER, EN LIBROS PARA SOÑAR

Xaneiro 23, 2014

"Adelaida", de Tomi Ungerer (Kalandraka). "Críctor", de Tomi Ungerer (Kalandraka). "Os tres bandidos", de Tomi Ungerer (Kalandraka).

Os álbums ilustrados de Tomi Ungerer centrarán a sesión de contacontos de mañá, venres 24, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Con motivo da recente recuperación dun dos seus clásicos, “Adelaida”, no catálogo de KALANDRAKA, a libraría infantil do Casco Vello dedícalle a este autor emblemático e artista polifacético a súa sesión de animación á lectura.

Ademais de “Adelaida”, a historia dunha canguro con ás, non faltarán outros relatos ben coñecidos deste creador alsaciano: “Crictor”, sobre unha boa domesticada e admirada en todo o vecindario, e “Os tres bandidos”. Esta última é quizais a obra máis universal de Tomi Ungerer, traducida a numerosas linguas, adaptada ao teatro e ao cinema de animación, entre outras versións. As peripecias de tres perigosos bandoleiros derivan nun relato cheo de tenrura co que medraron varias xeracións de nenos e nenas en todo o mundo.

As narradoras de LIBROS PARA SOÑAR, Sandra Senra, Iria Mantilla e Carmela Sieiro, conducirán esta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos. Ademais, segue aberto o prazo de inscrición no curso de contacontos para adultos que se impartirá do 17 ao 21 de febreiro, con dous grupos a elixir: en horario de mañá de 10:30 a 13:30h, ou en quenda tarde, de 17:00 a 20:00h.

Tomi Ungerer, autor e ilustrador alsaciano.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: