Skip to content

RETOMAMOS OS CONTACONTOS PARA BEBÉS

Xaneiro 21, 2014

"Lúa", de Antonio Rubio e Óscar Villán, da colección 'Do berce á lúa' (Kalandraka). "Tras tras cucutras", de Juan Clemente Gómez e Aitana Carrasco (Faktoría K). "A galiña roxa", adaptado por Pilar Martínez e ilustrado por Marco Somà (Kalandraka).

LIBROS PARA SOÑAR retoma mañá mércores, a partir das 17:30 horas, as sesións habituais de contacontos para bebés ata 3 anos. Sandra Senra e Beatriz Campos serán as especialistas en animación á lectura que impartirán esta actividade, que conta coa participación activa dos adultos que asisten cos nenos e nenas.

Seguindo o esquema destas sesións especiais, que se celebran quincenalmente, os contacontos incluirán un pictograma poético para pre-lectores da colección ‘Do berce á lúa’, de Antonio Rubio e Óscar Villán, publicada por KALANDRAKA. A melodía e a canción tamén se van incorporar, cantando un dos poemas do libro “Tras, tras, cucutrás”, de Juan Clemente Gómez e Aitana Carrasco, publicado no selo FAKTORÍA K.

Tampouco faltará unha ollada á tradición, a través do conto popular “A galiña roxa”, adaptado por Pilar Martínez e ilustrado por Marco Somà para a colección Os contos do trasno de KALANDRAKA. Durante a actividade tamén se introducirá o sistema “baby sign”, que facilita a comunicación cos bebés a través dunha sinxela linguaxe xestual.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: