Skip to content

‘CONTOS QUE NOS TROUXERON OS REIS’, MAÑÁ EN LPS

Xaneiro 16, 2014

Beatriz Campos, actriz e narradora.

LIBROS PARA SOÑAR retomará mañá venres o seu programa de actividades para público infantil. A partir das 18:30 horas, a sesión de animación á lectura contará coa participación das narradoras Iria Mantilla e Bea Campos, que farán un repertorio a base de “Contos que nos trouxeron os Reis”. É a primeira cita de LIBROS PARA SOÑAR cos nenos e nenas vigueses neste 2014, polo que o fío condutor serán os libros e as lecturas que o Apalpador e os Magos de Oriente lles deixaron como agasallos no Nadal.

Entre os títulos que chegaron a moitos fogares durante as pasadas Festas atópanse “Imos cazar un oso”, de Michael Rosen e Helen Oxenbury, inspirado nunha canción tradicional; ou “Non é unha caixa” de Antoinette Portis, que destaca porque potencia o xogo e o divertimento a partir de elementos sinxelos que fan desenvolver a imaxinación; ou o conto popular “Garavanciño”, adaptado por Olalla González e Marc Taeger cunha proposta estética a base de collage.

CONTACONTOS PARA BEBÉS

O vindeiro mércores día 22, a partir das 17:30 horas, celebrarase a primera sesión de contacontos para bebés de 0 a 3 anos. Ao longo deste ano LIBROS PARA SOÑAR continuará realizando esta actividade tan demandada polas nais e pais de Vigo e da súa contorna. Nestes contacontos trabállase con contos especialmente adaptados a pre-lectores, que se centran no ritmo, na rima ou na proposta estética a base de cores básicas e formas sinxelas. Tamén se orienta as familias sobre os materiais máis axeitados a cada etapa do crecemento durante esas primeiras idades.

As vindeiras actividades de animación á lectura dos venres pola tarde vanse dedicar á obra de Tomi Ungerer, do que KALANDRAKA vén de recuperar un novo álbum ilustrado titulado “Adelaida”, que se suma aos clásicos “Os tres bandidos” e “Críctor”. E para rematar este mes de xaneiro, ao fío do Día Escolar da Paz e da Non Violencia, LIBROS PARA SOÑAR organizará unha sesión de contacontos sobre a convivencia e a tolerancia entre culturas.

Iria Mantilla, mestra e narradora.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: