Skip to content

A NOVA COLECCIÓN DE ‘CASA K’, EN LIBROS PARA SOÑAR

Decembro 18, 2013

Olalla contounos o conto do Coelliño Branco, que tamén ten a súa versión téxtil

Os pequenos, moi atentos aos contos e participando activamente na sesión.

LIBROS PARA SOÑAR vén de retomar nestes días a súa programación de animación á lectura. A presentación da nova colección de moda infantil de inverno de CASA K foi a primera actividade, cunha sesión de contacontos na que a nosa compañeira Olalla González repasou os tres relatos de KALANDRAKA que inspiraron os deseños desta tempada: “O coelliño branco” e “A cebra Camila”, ilustrados por Óscar Villán, e “Renato” de Manolo Hidalgo.

A roupa de CASA K está feita con tecidos de algodón 100% e co selo de garantía Oeko Tex. Son prendas suaves por fóra e cálidas por dentro, que carecen de etiquetas cosidas que tanto molestan aos nenos no pescozo ou nas costuras da cintura. Os estampados son grandes e vistosos pero a pel transpira perfectamente porque non teñen plastisol, por iso ademais son duradeiros e non se estragan cos lavados nin pasando o ferro.

"O coelliño branco" saltou das páxinas do libro a unha prenda suave e cálida.

Olalla tamén nos contou as aventuras da Cebra Camila.

A Cebra Camila, que quedara sen sete raias do seu vestido por culpa do vento bandido.

Outro aspecto que CASA K ten moi en conta é a coherencia entre o deseño editorial e o deseño téxtil: por iso os colores de cada modelo combinan perfectamente coa gama cromática do seu libro correspondente; por iso CASA K escolle contos acordes á idade dos nenos e nenas para os que se deseñan estas prendas; e por iso CASA K tamén propón que os cativos sigan xogando cos personaxes do relato unha vez que leron o conto e vestiron a prenda.

A sesión de contacontos rematou con "Renato", de Manolo Hidalgo.

Que lle pasaba ao pobre Renato cada vez que quería xogar no bosque?

"Que desastre! Agora si que había un verdadeiro problema!".

E descubrimos que "Renato" tamén se converteu nun favorecedor pixama.

Que personaxes ocultos teñen as prendas de "Renato"?

Así, nos tres modelos existe una figura oculta que acompaña o protagonista e que os rapaces deben descubrir no extremo da manga pola parte interior da camiseta ou na perna do pixama.

Os pais e nais non perderon detalle das explicacións de Olalla e os nenos estiveron moi atentos á sesión e participaron activamente nas narracións. A pequena Carmela foi a afortunada do sorteo dunha prenda e non quixo saír de LIBROS PARA SOÑAR sen estreala.

Olalla tamén nos contou as aventuras da Cebra Camila.

Pais e nais non perdían detalle das explicacións de Olalla sobre a roupa de Casa K. Pais e nais non perdían detalle das explicacións de Olalla sobre a roupa de Casa K.

Olalla sorteou unha prenda de Casa K entre o público de LIBROS PARA SOÑAR.

Aroa remexeu os boletos e o gañador foi... ...O número 13 non foi hoxe o da "mala sorte", senón todo o contrario!

A pequena Carmela foi a afortunada. Parabéns!

...Estreando camiseta da Cebra Camila nada máis rematar a sesión de contacontos.

Durante esta tempada, o escaparate da libraría estará adornado co conto de “Renato” e co pixama inspirado na figura deste entrañable amigo ao que lle encanta o inverno e xogar coa neve.

Presentación da colección de moda infantil de Casa K en LIBROS PARA SOÑAR.

Presentación da colección de moda infantil de Casa K en LIBROS PARA SOÑAR.

Presentación da colección de moda infantil de Casa K en LIBROS PARA SOÑAR.

Xa podedes atopar en LIBROS PARA SOÑAR a prenda do voso personaxe favorito, PARA VESTIR DE CONTO, como di o lema de CASA K.

O escaparate de LIBROS PARA SOÑAR, dedicado a "Renato" e a Casa K.

O escaparate de LIBROS PARA SOÑAR, dedicado a "Renato" e a Casa K.

Escaparate de LIBROS PARA SOÑAR dedicado a "Renato" e Casa K.

O escaparate de LIBROS PARA SOÑAR, dedicado a "Renato" e a Casa K.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: