SESIÓN PARA BEBÉS CON LUIS PREGO
O músico Luís Prego será o invitado especial da sesión especial de contacontos para bebés que se realizará mañá mércores día 18, a partir das 17:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR.
Profesor de música e de baile tradicional, director de varias agrupacións folclóricas, investigador do folclore tradicional galego, Luis Prego tamén é autor dos libros “Para cantar e bailar” e “Xogos musicais”. Algúns destes xogos serán precisamente os que se practiquen na sesión.
Trátase dun libro-cd con 38 cancións ilustrado por Marta Iglesias e publicado por Cumio. Recompila cantos de berce, melodías para cantar cos nenos no colo, xogos de dedos, recitados e outras composicións coas que os cativos se familiarizan co ritmo, co movemento e cos primeiros bailes. Unha parte das pezas son de tradición oral, mentres que outras relacionadas co achegamento aos números e ás letras son creacións do propio Luís Prego.
“Xogos musicais” está dirixido aos pais e nais como ferramenta didáctica para que poidan practicar no fogar cun material sinxelo, a base de letras repetitivas e temáticas infantís.