Skip to content

BEA CAMPOS IMPARTIRÁ UN CURSO DE CONTACONTOS

Outubro 31, 2013
tags:

BeaCampos

A actriz e narradora Bea Campos vai impartir un curso de contacontos para adultos que se celebrará na libraría LIBROS PARA SOÑAR do 11 ó 15 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 horas. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

O curso vaise estruturar en tres partes: as sesións comezarán cunha clasificación dos álbums ilustrados por idades, atendendo á súa temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan actualmente no mercado.

Tamén se tratarán pautas sobre como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público, segundo sexan bebés, nenos ou maiores. Nesta sección atenderase especialmente a recuperación e a posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, así como legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas.

Finalmente, a través de xogos de expresión e exercicios de relaxación, abordaranse as técnicas para aprender a contar; presentaranse e analizaranse as fases de preparación dunha sesión de contacontos.

Bea Campos é licenciada en Arte Dramática. Está vencellada ao teatro dende moi nova a través da compañía Migallas, coa que representou diversas obras e interviu en actividades infantís como o programa “Á procura do tesouro”, que se desenvolve no Concello de Pontevedra. Traballou no equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías, bibliotecas e centros culturais. Colabora cos grupos Inversa Teatro, Arela das Artes, Matreska Teatro e Triatreros.

Nos últimos anos -xunto co actor e músico David González- realiza a sesión de bebés “Entre arrolos e contiños”. Ademais, protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas”, que se representa por toda Galicia e coa que estivo de xira por Latinoamérica, onde participou como narradora no III Festival de las Artes Escénicas Gran Caribe. Participa en espectáculos de improvisación e foi intérprete no documental “Pelo Gato 24”. Imparte clases a grupos de teatro afeccionado e cursos de formación en expresión oral e narración para o profesorado.

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de contacontos, cun custe de 35 euros (30 € no caso de estudantes e desempregados).

…………………………………………..

[Máis información, en LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com]

Curso de contacontos para adultos, impartido por Bea Campos.

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: