Skip to content

NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA

Agosto 2, 2013

Caseta de LIBROS PARA SOÑAR (nº24) na Feira do Libro da Coruña.

Comezou a 42ª Feira do Libro da Coruña, que permanecerá aberta ao público ata o domingo 11 de agosto. LIBROS PARA SOÑAR, no caseta nº24, é un dos 35 participantes deste ano.

No ampla axenda de presentacións e sinaturas de libros, destaca a cita con Pinto&Chinto con motivo do lanzamento do seu novo álbum infantil: “Nicomedes o pelado“. Contarán coa presenza do escritor e profesor Xosé Manuel González ‘Oli’, que debullará con eles as claves desta divertida obra, na que os autores volven despregar o inesgotable sentido do humor do que xa fixeran gala en “Contos para nenos que dormen deseguida“.

Presentación de NICOMEDES O PELADO, de Pinto&Chinto (cartaz deseñado por David Pintor).

E moi preto do espazo que ocupan as casetas da Feira do Libro da Coruña atópase a Rúa Da BD, que agrupa as 40 casetas que participan na Feira do Cómic, no marco de Viñetas desde o Atlántico. Na caseta nº25 está KALANDRAKA, cunha ampla oferta de libros ilustrados, historietas, novela gráfica, e libros de arte. Entre eles destaca “Panóptica“, de Max, que é un dos invitados especiais ás xornadas profesionais. Tampouco faltan as prendas da colección de moda infantil de CASA K, estampadas coas ilustracións de Marc Taeger para “Garavanciño” e “A verdadeira historia de Carapuchiña“.

Caseta nº25 de KALANDRAKA na Feira do Cómic da Coruña.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: