FEDERICO FERNÁNDEZ, NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO
O ilustrador vigués Federico Fernández, galardoado co Premio Nacional de Ilustración, visitou a caseta dos LIBROS PARA SOÑAR neste derradeiro fin de semana da Feira do Libro de Vigo. Cun tempo moi caloroso, a xornada foi máis levadeira a base da lectura de álbums como “Chibos chibóns” e “Onde perdeu Lúa a risa?“, e de sentido do humor ao que contribuíron os ‘enfermeiros’ do Diagnóstico Bibliotecario, coa súa visita de rigor.
Dende LIBROS PARA SOÑAR queremos agradecer a colaboración dos autores e ilustradores que nos acompañaron durante estes días de verán para atoparse cos lectores que admiran o seu traballo creativo, asinarlles exemplares dos seus libros e engadir un toque de maxia aos seus andeis.