Skip to content

OLI, NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

Xullo 2, 2013

Oli asinou exemplares dos seus álbums na Feira do Libro de Vigo.

O autor de contos infantís tan coñecidos como “O pirata pata de lata“, “Once damas atrevidas” e “Artur“, Xosé Manuel González ‘Oli’, visitou estes días a Feira do Libro de Vigo para asinar exemplares das súas obras na caseta de LIBROS PARA SOÑAR.

O vindeiro fin de semana recibiremos máis visitas para que os lectores poidades levar os vosos exemplares adicados e personalizados con debuxos.

O ilustrador vigués Federico Fernández -Premio Nacional de Ilustración 2001- polo álbum “Onde perdeu Lúa a risa?“, e que tamén ilustrou “Chibos chibóns“, estará na caseta nº6 este sábado 6 de xullo a partir das 19:00 horas.

E ao día seguinte, domingo 7, á mesma hora, teremos unha cita dobre: a narradora e adaptadora de contos tradicionais, Olalla González, que asinará exemplares de “Chibos chibóns” e “Garavanciño“; e o ilustrador Marc Taeger que, ademais de “Garavanciño“, tamén asinará outros títulos seus: “Artur“, “Tic-Tac“, “A verdadeira historia de Carapuchiña“, “Aquiles o puntiño” e a súa última creación, “A guía Necsia“.

Federico Fernández asinará exemplares dos seus libros o sábado 6 a partir das 19:00h.

Olalla González asinará exemplares dos seus libros este sábado a partir das 19:00h.

Marc Taeger asinará exemplares dos seus libros este sábado a partir das 19:00h.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: