Skip to content

O ILUSTRADOR RAMÓN TRIGO NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

Xuño 30, 2013

LIBROS PARA SOÑAR, na caseta nº6 da Feira do Libro de Vigo.

LIBROS PARA SOÑAR xa está na Feira do Libro de Vigo, na caseta nº 6. Álbum ilustrado, libro-cd’s, libros de relatos, materiais para pre-lectores, cómic e novela gráfica, poesía infantil, narrativa para adultos, libros de arte e de coñecemento do medio… A oferta de xéneros, temáticas e estilos é moi variada, ao que cómpre engadir o desconto especial en todas as compras.

Ata a caseta de LIBROS PARA SOÑAR vanse achegar nos vindeiros días varios autores e ilustradores, que asinarán exemplares das súas obras. O primeiro foi o artista plástico vigués Ramón Trigo, ilustrador do álbum “O pirata pata de lata” e da novela gráfica “O burato do inferno“.

O ilustrador Ramón Trigo asinou exemplares das súas obras na caseta de Libros para Soñar.

Malia levar consigo un par de rotuladores profesionais, Ramón Trigo confesounos que lle gusta moito debuxar con bolígrafo. Admiramos a súa asombrosa destreza, o talento para trazar no papel os seus personaxes, cheos de expresividade e de matices.

Sorprendentes debuxos que Ramón Trigo pode facer cun sinxelo bolígrafo.

O ilustrador Ramón Trigo asinou exemplares das súas obras na caseta de Libros para Soñar.

En vésperas de viaxar a Lanzarote para participar como ilustrador invitado no festival de narración oral Palabras al vuelo, onde vai expoñer ilustracións dos seus libros e impartir varios obradoiros, Ramón Trigo non só asinou exemplares das súas publicacións na caseta de Libros para Soñar; tamén fixo gala do seu sentido do humor cando se lle achegaron dous peculiares enfermeiros -caracterizados por Beatriz Campos e Tone Martínez- que percorren a Feira do Libro de Vigo realizando un “diagnóstico bibliotecario” ao público que percorre as casetas.

Uns peculiares enfermeiros fixéronlle a Ramón Trigo un 'diagnóstico bibliotecario'.

O "diagnóstico bibliotecario" tamén examinou a Sandra.

O “diagnóstico bibliotecario” percorre a Feira do Libro de Vigo para promocionar os servizos da Biblioteca municipal Xosé Neira Vilas e recomendar libros. Afortunadamente, a saúde lectora de Sandra, é excelente, e a súa bebé tamén promete ser unha devoradora de libros mesmo desde o berce.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: