Skip to content

A NOVA COLECCIÓN DE CASA K, EN LIBROS PARA SOÑAR

Xuño 7, 2013
tags:

As prendas da nova colección de CASA K xa lucen no escaparate de LIBROS PARA SOÑAR.

O escaparate de LIBROS PARA SOÑAR está engalanado coas prendas da Colección Primavera-Verán 2013 de CASA K, inspiradas nos personaxes dos álbums “A verdadeira historia de Carapuchiña” e “Garavanciño“, ilustrados por Marc Taeger para o catálogo de KALANDRAKA. Destacan polo seu intenso colorido, polo meticuloso coidado dos detalles, pola calidade dos tecidos e dos bordados, pola coherencia entre o deseño téxtil e a edición impresa dos libros, por lograr que as prendas tamén sexan un xogo divertido…

CASA K segue a vestir de conto con moda infantil deseñada en Galicia e fabricada en Portugal. Desta volta, con camisetas e vestidos de algodón 100% para nenos e nenas de 2 a 5 anos. O selo Oeko-Tex das teas empregadas garante que son materiais respectuosos co medio ambiente e coa saúde. É roupa creada para amoldarse ao corpo e durar: o tratamento de peeling evita que se formen as antiestéticas bólas que afean as prendas con cada lavado, os corchetes carecen de níquel para previr a aparición de alerxias, as serigrafías non levan plastisol para que non se deterioren ao pasarlles o ferro e favorecer a transpiración da pel.

Ademais, esta nova colección distínguese porque as mangas das camisetas son reversibles e polo personaxe oculto que se agocha nas prendas do modelo “Garavanciño”, suxeito cun cordón. En LIBROS PARA SOÑAR non só se pode adquirir a roupa, senón tamén os libros que lles corresponden. Con ou sen pack, a compra inclúe un orixinal saquiño de tea estampado co emblema de CASA K.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: