Skip to content

VERSOS, CONTOS E MELODÍAS SOBRE ROSALÍA

Maio 23, 2013

Presentación de "Alborada", mañá en Libros para Soñar.

A plataforma editorial Bailarete vai presentar mañá venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR, un álbum infantil adicado á figura e á obra de Rosalía de Castro. “Alborada”, publicado na colección Alalá, combina os versos da gran poeta galega cos contos e mais coa música, para favorecer que os nenos e nenas se acheguen á poesía e aprendan a apreciala cando sexan maiores.

As historias desta sesión de contacontos parten de diferentes poemas rosalianos aos que lles porán voz a ilustradora do libro, Irene Silva, Fátima Granja, do Centro Cultural A Merced de Chaín, e Rita Bugallo, filóloga e editora de Bailarete. Tamén participará o gaiteiro Xaime Estévez, co acompañamento dos nenos e nenas do Centro Cultural A Mercede na interpretación das cantigas.

Porque “Alborada” é un libro para ser recitado, contado e cantado; unha obra na que os poemas se transforman en historias atractivas para o público infantil; unha proposta de lectura que se plasma nun espectáculo lúdico e participativo.

“Miña santiña, miña santasa”, “A festa Marica” e “Un repoludo gaiteiro” son as tres composicións arredor das cales se artellará a sesión de contacontos, con diversas propostas de narración a partir da utilización de monicreques, imaxes e músicas. Melodías como a “Alborada de Rosalía”, coa que Xaime Estévez vaille dar a benvida ao público desta sesión especial, no ano no que se cumpren os 150 anos da publicación de “Cantares gallegos”.

Dende a súa publicación o pasado mes de abril, esta é a terceira presentación da “Alborada” de Bailarete, que xa se puxo en escena na Fundación Rosalía de Castro, en Padrón.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: