Skip to content

LIBROS PARA SOÑAR NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Maio 21, 2013

Caseta de Libros para Soñar.

Mañá mércores, 22 de maio, quedará aberta ao público a caseta de LIBROS PARA SOÑAR na Feira do Libro de Pontevedra, que volve á cidade despois de varios anos de ausencia. Dende o mércores 22 ata o domingo 26, a caseta número 7 ofrecerá unha ampla variedade de lecturas para público de todas as idades: materiais específicos para bebés, álbums ilustrados, poesía infantil, libros de arte ou narrativa para adultos, entre as que terán un especial protagonismo as obras dos creadores galegos.

Ao longo destes cinco días, a caseta de LIBROS PARA SOÑAR recibirá a autores e ilustradores de distintos estilos e procedencias, que asinarán exemplares dos seus traballos publicados na editorial KALANDRAKA:

PILAR MARTÍNEZ, profesora e tradutora, que fixo a adaptación do conto tradicional “A galiña roxa”, será a primera invitada, o mércores 22 á partir das 19:30h. O xoves 23 a partir das 20:00h recibiremos o ilustrador pontevedrés KIKO DA SILVA, artífice do álbum “Moncho e a mancha”, e que ilustrou tamén o célebre “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis” e “Sar, Sarela e os monstros de Compostela”.

O venres 24, ás 19:00h os protagonistas serán o ilustrador MARC TAEGER e a narradora e adaptadora de contos OLALLA GONZÁLEZ, que asinarán exemplares de “A verdadeira historia de Carapuchiña”, “Aquiles o puntiño”, “Tic-Tac”, “Garavanciño” e “Chivos chivóns”. O sábado 25 a partir das 20:00h será o turno da escritora chilena MARÍA JOSÉ FERRADA, autora de “Un mundo raro”, “O baile diminuto” e o poemario “El idioma secreto”, co que gañou o V Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos.

Por último, o domingo 26 a caseta de LIBROS PARA SOÑAR recibirá ás 12:00 da mañá o profesor, escritor e tradutor XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ ‘OLI’, que adicará exemplares de “O pirata pata de lata” e “Once damas atrevidas”. Pola tarde, a partir das 19:00h, os lectores poderán atoparse co profesor XULIO GUTIÉRREZ, autor dos títulos da colección ‘Animais extraordinarios’ de Faktoría K: “Bocas”, “Nacer”, “Construtores” e “Ocultos”.

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: