Skip to content

A DIVERTIDA HISTORIA DE ‘NICOMEDES O PELÓN’

Maio 9, 2013

"Nicomedes o pelado", de Pinto&Chinto (Kalandraka).

A simpática historia de “Nicomedes o pelado”, o novo libro infantil de Pinto&Chinto publicado por KALANDRAKA, vai ser o eixe da sesión de animación á lectura que se celebrará mañá venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. O protagonista deste relato surrealista queda sen pelo e vai procurando diversas alternativas para cubrir a súa cabeza, todas con moi pouco éxito ata que por fin dá cunha medida orixinal e sorpredente para remediar a súa prematura calvicie.

“Nicomedes o pelado” serve tamén para reflexionar sobre a imaxe física nunha sociedade que lle dá moita importancia ao aspecto exterior, cando o verdadeiramente importante é sentirse a gusto con un mesmo. O texto de Carlos López e as ilustracións de David Pintor destacan polo sentido do humor, a expresividade do personaxe e o colorido das páxinas desta obra destinada a lectores a partir de 5 anos.

"Nicomedes o pelado", de Pinto&Chinto (Kalandraka).

"Nicomedes o pelado", de Pinto&Chinto (Kalandraka).

Tamén de Pinto&Chinto, na sesión de contacontos de LIBROS PARA SOÑAR contaranse algúns dos micro-relatos do seu libro “Minimalario”, no que habitan excéntricos animais: un galo que desafina, un vagalume sen luz, una vaca que dá leite de cabra…

E fiando con Nicomedes e coa súa cabeza pelada, tamén se lembrará a obra do autor e ilustrador Fernando Krahn, “Quen viu as tesoiras?”, sobre unhas tesoiras moi falcatrueiras que saen voando dunha perruquería e comezan a cortar todo o que atopan ao seu paso, causando situacións insólitas e divertidas.

A sesión de contacontos rematará cun taller de plástica no que os nenos e nenas poderán axudar a Nicomedes a recuperar o seu cabelo, deseñando perrucas a base de papeis de cores, fíos de la, confeti, macarróns e outros materiais reciclables.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: