Skip to content

LUÍS PREGO PRESENTA ‘XOGOS MUSICAIS’ NA SESIÓN DE BEBÉS

Abril 23, 2013

Luís Prego, autor de "Xogos musicais".

O músico Luís Prego será o invitado especial da sesión de contacontos para bebés que se realizará mañá mércores, a partir das 17:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Profesor de música e de baile tradicional, director de varias agrupacións folclóricas, investigador do folclore tradicional galego, Luis Prego tamén é autor do libro “Para cantar e bailar”. Nesta ocasión, presenta o seu novo traballo editorial, titulado “Xogos musicais”.

Trátase dun libro-cd ilustrado por Marta Iglesias e publicado por Cumio. Recompila cantos de berce, melodías para cantar cos nenos no colo, xogos de dedos, recitados e outras composicións coas que os cativos se familiarizan co ritmo, co movemento e cos primeiros bailes. Unha parte das pezas son de tradición oral, mentres que outras relacionadas co achegamento aos números e ás letras son creacións do propio Luís Prego.

“Xogos musicais” está dirixido aos pais e nais como ferramenta didáctica para que poidan practicar no fogar cun material sinxelo, a base de letras repetitivas e temáticas infantís.

Na presentación de mañá, Luís Prego vai estar acompañado por Álvaro Iglesias, músico e responsable dos arranxos musicais no CD deste novo libro, que ofrece 38 cancións. Ambos os dous interpretarán varios temas deste traballo musical, acompañándose co acordeón e coa guitarra acústica.

 

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: