Skip to content

MARÍA JOSÉ FERRADA RECITARANOS ‘O BAILE DIMINUTO’

Abril 11, 2013

María José Ferrada, autora de "O baile diminuto" (Kalandraka).

A escritora chilena María José Ferrada será a invitada especial de LIBROS PARA SOÑAR na sesión de contacontos de mañá venres, a partir das 18:30 horas. A autora presentará un dos seus últimos libros, “O baile diminuto”, publicado por KALANDRAKA, con ilustracións da súa compatriota Sole Poirot.

María José Ferrada recitará varios fragmentos desta obra destinada a nenos e nenas a partir de 6 anos. Os seus protagonistas son os insectos do campo: grilos, abellas, xoaniñas, vagalumes, bolboretas… Un texto poético e cheo de sonoridade, ideal para afondar no coñecemento do noso medio natural, da súa fauna minúscula máis descoñecida, e para estimular a creatividade dos lectores.

María José Ferrada e Sole Poirot, autora e ilustradora de "O baile diminuto" (Kalandraka).

Precisamente, a sesión completarase cun obradoiro de collage, para que os cativos practiquen a técnica coa que Sole Poirot elaborou as ilustracións deste libro, logrando un resultado que sorprende pola súa orixinalidade.

María José Ferrada é licenciada en Comunicación Social pola Universidade Diego Portales de Chile. Estudou Lingüística aplicada á Tradución na Universidade de Santiago de Chile e realizou un máster en Estudos Asiáticos pola Universidade de Barcelona. Participou no Taller de Escritura da Fundación Pablo Neruda e publicou o seu primeiro libro en 2005. Tamén é autora de guións para curtametraxes, colabora con iniciativas literarias e teatrais, e publicou libros infantís. Actualmente traballa como xornalista e profesora do Instituto Chileno Xaponés de Cultura. Ademais de “O baile diminuto”, tamén é autora do libro de relatos “Un mundo raro”, publicado igualmente por KALANDRAKA. Vén de gañar o V Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos coa obra “El idioma secreto”, editado no selo FAKTORÍA K.

Ilustración de Sole Poirot para "O baile diminuto" (Kalandraka).

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: