Skip to content

CONTOS E MÚSICA PARA BEBÉS

Abril 9, 2013

No repertorio de contos non podía faltar "O coelliño branco", na voz de Iria Mantilla.

Contos tan coñecidos como “O coelliño branco”, “Once damas atrevidas” e os poemas máis sonoros e sinxelos do libro “Tras, tras, cucutrás” son algunhas das propostas da sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos que se realizará mañá mércores, a partir das 17:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Será unha sesión especial a cargo da libreira Sandra Senra, que contará co acompañamento do músico David González, interpretando co acordeón melodías compostas expresamente para estes relatos infantís.

Ademais, na sesión habitual deste venres para nenos a partir de 4 anos, LIBROS PARA SOÑAR recibirá á escritora chilena María José Ferrada, que vén de gañar o V Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos coa obra “El idioma secreto”, publicada no selo FAKTORÍA K. María José Ferrada recitará varias composicións do seu anterior libro, “O baile diminuto”, editado por KALANDRAKA, adicado aos insectos do campo. A actividade complementarase cun obradoiro de collage.

"Niños", de Pepe Márquez e Natalia Colombo, coas figuras de Victoria Ballesteros.

Por outra parte, a sala de exposicións de LIBROS PARA SOÑAR lucirá neste mes de abril as ilustracións do libro “Niños”, realizadas pola artista plástica arxentina Natalia Colombo. “Niños” é o seu segundo traballo publicado na editorial KALANDRAKA, logo de “Cerca”, co que gañara en 2008 a primeira edición do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Os protagonistas destas ilustracións son paxaros simpáticos e estrafalarios de formas orixinais e colores luminosos, que acentúan o carácter lúdico da obra.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: