Skip to content

2 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Abril 2, 2013
tags:

Ilustración de Ana Sande para o álbum "O patiño feo" (Kalandraka).

[Ilustración de Ana Sande para o libro “O patiño feo“, Kalandraka]

2 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Na data na que se conmemora en todo o mundo o nacemento de Hans Christian Andersen, creador de contos tan emblemáticos como “O patiño feo”, en LIBROS PARA SOÑAR festexamos o Día da Literatura Infantil e Xuvenil cun desconto do 10% nas compras de libros.

A OEPLI celebra esta xornada cun poema sobre a importancia da lectura.

Lemos xuntos, ti e eu.

Vemos que as letras forman palabras

e as palabras convértense en libros

que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios

e ríos buliciosos nas súas páxinas,

osos que cantan

graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos

e das nosas mans soben ata as nubes

árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan

e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,

percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

[Poema de Pat Mora (tradución ao galego, Concha Blanco]

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: