Skip to content

NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS

Marzo 14, 2013

Mañá venres, sesión de contacontos en lingua de signos.

LIBROS PARA SOÑAR volverá celebrar mañá venres, 15 de marzo, a partir das 18:30 horas, unha nova sesión de contacontos combinando a lingua oral e a lingua de signos. Os encargados de realizar esta actividade serán a logopeda Eva G. Menduiña, profesora de audición e linguaxe no CEIP Escultor Acuña de Vigo, e o profesor de lingua de signos Frank Eijo, unha persoa xorda moi activa na integración social deste colectivo. O conto “As clases de tuba” será o eixe desta sesión de animación á lectura.

Compaxinando a oralidade e os signos, Eva G. Menduiña e Frank Eijo contarán este relato de T.C. Bartlett ilustrado por Monique Félix e publicado por Kalandraka. Trátase dun álbum sen apenas texto no que o ritmo narrativo apóiase fundamentalmente nas ilustracións e na musicalidade do argumento. Neste sentido, o reto de contar “As clases de tuba” radica na estratexia que permita converter as emocións sonoras nun conxunto de signos accesibles para todo tipo de público receptor.

É a segunda sesión de contacontos en lingua de signos que se organiza en LIBROS PARA SOÑAR, tralo éxito da primeira convocatoria a principios deste ano, co obxectivo de sensibilizar e contribuír á integración -dende a infancia- das persoas con discapacidade auditiva.

Neste sentido, para afondar na idea de situarse no punto de vista das persoas xordas para comprender as súas necesidades, na segunda parte da sesión será Frank Eijo o que narre oralmente un conto, mentres Eva G. Menduiña se encarga de signalo simultaneamente.

"As clases de tuba", de T.C. Bartlett e Monique Félix.

O CEIP Escultor Acuña é o primeiro centro estatal público de educación infantil e primaria que, neste curso académico, comezou a impartir lingua de signos de xeito formal, como una materia máis dentro do horario escolar. Trátase dunha experiencia pioneira en Europa. Ademais, as clases de lingua de signos son extensivas tamén ás familias a través de actividades extraescolares.

A iniciativa enmárcase nun proxecto plurilingüe que favorece a aprendizaxe e a reflexión en todas as linguas que se dan nesa comunidade educativa: galego, castelán, inglés, lingua de signos e outras linguas que poidan convivir no centro. Esta acción forma parte do “Portfolio das linguas”, un proxecto liderado pola Axencia de Programas Educativos Europeos que desenvolve a Consellería de Educación, e que serve para a autoavaliación e a reflexión lingüística.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: