Skip to content

SESIÓN DE CONTOS EN CLAVE FEMININA

Marzo 7, 2013

"Artur e Clementina", de Adela Turín e Nella Bosnia.

Artur e Clementina”, o clásico de Adela Turín e Nella Bosnia; “Grisela”, un relato de Anke de Vries e Willemien Min; e “Once damas atrevidas”, un relato rimado de Xosé Manuel González ‘Oli’ ilustrado por Helle Thomassen, son algúns dos contos do repertorio especial de mañá venres, a partir das 18:30 horas, na sesión de animación á lectura de LIBROS PARA SOÑAR, con motivo do Día da Muller.

Historias con protagonistas que loitan pola liberdade que, como Clementina, converteuse nun símbolo contra os estereotipos sexistas e a discriminación. Coa colección Dalla parte delle bambine, da que forma parte este libro, xunto con outros títulos emblemáticos como “Rosa caramelo”, os dous recuperados por Kalandraka, Adela Turín reivindicou a coeducación e a igualdade.

"Grisela", de Anke de Vries e Willemien Min (Faktoría K).

No catálogo dos Libros para Soñar, a historia das “Once damas atrevidas” é una divertida viaxe polo mundo seguindo un grupo de intrépidas mulleres. “Grisela”, editado no selo Faktoría K, é una fábula contemporánea sobre a importancia de ser un mesmo, sen adornos, á marxe das tendencias sociais e das críticas dos demais.

Nesta sesión de homenaxe ás mulleres, ás nais e ás avoas, ademais das voces de Iria Mantilla e Sandra Senra, LIBROS PARA SOÑAR contará tamén coa visita da escritora chilena María José Ferrada, autora de libros como “Un mundo raro” e “O baile diminuto” (Kalandraka) e gañadora do V Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos, que lerá un poema adicado á figura feminina.

"Once damas atrevidas", de Xosé Manuel González 'Oli' e Helle Thomassen (Kalandraka).

Por outra parte, a vindeira sesión de contos para bebés de 0-3 anos celebrarase o mércores 13 de marzo ás 17:30 horas.

 

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: