Skip to content

OSOS DINÁMICOS E AMIGABLES NA SESIÓN DESTE VENRES

Febreiro 28, 2013

"Catarina e o oso", de Christiane Pieper (Kalandraka). "Imos cazar un oso", de Michael Rosen e Helen Oxenbury (Kalandraka).

A sesión de contacontos de mañá venres, a partir das 18:30 horas en LIBROS PARA SOÑAR, estará protagonizada por uns animais grandes e poderosos, algo larpeiros e durmiñóns. Os osos son os personaxes centrais de contos como “Catarina e o oso”, de Christiane Pieper, e “Imos cazar un oso”, de Michael Rosen e Helen Osenbury, publicados por KALANDRAKA.

“Catarina e o oso” proponlles aos lectores unha divertida viaxe polo mundo, percorrendo mares, montañas, selvas ou desertos. Trátase dun relato no que, movéndose de formas distintas, induce á participación do público infantil. “Imos cazar un oso” é outro álbum de dinámica interactiva: a estrutura rimada e repetitiva do texto favorece que os nenos e nenas poidan imitar os pasos que seguen os protagonistas nas súas aventuras.

 

Ademais, durante a sesión de animación á lectura entregaranse os premios correspondentes á quinta edición do certame La Galera de Jóvenes Lectores. LIBROS PARA SOÑAR leva tres anos canalizando a participación dos nenos e nenas nesta convocatoria de ámbito estatal, na que o xurado son os propios lectores. Está dirixida a público a partir de 12 anos que vota as obras literarias que se presentan ao concurso. Nesta ocasión contabilizáronse 251 participantes, que enviaron os seus votos a través das librarías que pertencen ao Cluk Kiriko, entre as que se atopa LIBROS PARA SOÑAR. Cun 42,23% dos votos, a obra gañadora foi “El extraordinario ingenio parlante del Profesor Palermo”, do escritor Jordi Sierra i Fabra, que vén de ser publicada.

Seis rapaces recollerán mañá, en LIBROS PARA SOÑAR, a mochila coa que La Galera recompensa a súa colaboración na elección da obra premiada.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: