Skip to content

SESIÓN DE CONTOS TRADICIONAIS EN LIBROS PARA SOÑAR

Febreiro 22, 2013

"Os tres osos", adaptación de Xosé Ballesteros e ilustracións de Miguel Tanco (KALANDRAKA). "Os sete cabritos", adaptación de X. Ballesteros, ilustracións de Sofía F. Rodríguez e Ana Míguez (Kalandraka). "Os catro amigos", dos irmáns Grimm, ilustrado por Gabriel Pacheco (Kalandraka).

“Os tres osos”, “Os sete cabritos”, “Os catro amigos”… os contos populares centrarán a sesión de animación á lectura que se celebrará esta tarde a partir das 18:30 horas en LIBROS PARA SOÑAR. Pasaron 200 anos dende que os irmáns Grimm publicaron o seu primeiro volume de relatos, recompilados da tradición oral; un traballo no que ocuparon varios anos e que deu lugar a un amplo e valioso legado que trascendeu ata os nosos días.

Publicados na colección dos Contos do Trasno de KALANDRAKA, a adaptación de “Os tres osos” partiu da versión inglesa de Robert Southey e foi ilustrado por Miguel Tanco, que plasmou con calidez e orixinalidade a figura dos tres osos grande, mediano e pequeno, e a nena que -nunha versión posterior á orixinal- darían en chamar Riciños de ouro.

Do álbum “Os sete cabritos” destacan as ilustracións de Sofía F. Rodríguez e Ana Míguez, que modelaron en plastilina os personaxes e os escenarios onde transcorre esta coñecida historia sobre a familia, o fogar e os perigos que nos espreitan. KALANDRAKA ten vendidos máis de 30.000 exemplares desta obra, una das máis representativas dos Contos do Trasno.

“Os catro amigos” conta coas ilustracións maxistrais de Gabriel Pacheco para retratar este famoso grupo de animais que se reuniron camiño de Bremen para ir triunfar como músicos. As peripecias do burro, do gato, do can e do galo seguen encandilando os nenos e nenas de hoxe ao igual que cativaron os de xeracións pasadas.

Iria Mantilla e Sandra Senra, do equipo de animación á lectura de LIBROS PARA SOÑAR, xunto coa colaboración dun pai e dunha nai asiduos ás actividades da libraría, poranlle voz, e mesmo música, a estes relatos universais e atemporais.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: