Skip to content

PECHE DE LIBROS PARA SOÑAR-A CORUÑA

Febreiro 20, 2013

A libraría Libros para Soñar de A Coruña vén de pechar as súas portas neste mes de febreiro. O establecemento abriu ao público en setembro de 2011, cando acababa de desaparecer do tecido comercial local unha libraría especializada en libros para nenos e nenas, e a cidade quedaba orfa dun espazo para as familias, os profesorado, os mediadores de lectura.

Libros para Soñar-A Coruña intentou cubrir ese baleiro e non foron poucas as presentacións de libros, as sesións de contacontos, os obradoiros, as exposicións de ilustracións e os cursos de formación que se realizaron.

Transcurridos 15 meses dende a súa apertura, Libros para Soñar-A Coruña non cumpriu as expectativas de viabilidade que se depositaron no proxecto.

A pesar do traballo realizado para xerar as condicións propicias para a venda de libros e para funcionar como polo dinamizador da Literatura Infantil e Xuvenil, Libros para Soñar-A Coruña non puido sobrevivir sen poñer en risco a estabilidade da estrutura sobre a que se sostiña.

Confiamos en que non sexa un adeus, senón un ata pronto, cando as circunstancias sexan máis propicias, habida conta de que Libros para Soñar non está en absoluto blindada fronte á situación económica que xa abocou ao peche a tantos negocios.

Grazas polo apoio recibido neste tempo; un agradecemento que cómpre facer extensivo aos autores e ilustradores, os contacontos, os docentes que colaboraron nas actividades.

A dirección de Libros para Soñar.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: