Skip to content

CON MARINA SEOANE NA CORUÑA

Xaneiro 27, 2013

IMG_2093

O pasado venres a ilustradora Marina Seoane compartiu con nós unha  tarde chea de maxia, poesía e creatividade. Falounos do seu libro, “Brujas” , no que  puxo imaxes ós poemas da escritora Carmen Gil. 


IMG_2096

E como a poesía hai que escoitala Marina convidounos a deixar nos petos a vergoña e recitar con ela algúns dos poemas do libro. Non o tivo que dicir dúas veces, nós estivemos encantados de amosarlles a todos o ben que se nos da.

IMG_2098 IMG_2113

É unha marabilla comprobar como pequenos e pequenas ós que coñecemos dende que, sendo unhas minchiñas, escoitaban “cos ollos e as orellas ben abertos” contos na libraría, xa son quen de lles transmitir a maxia da lectura ós máis cativos.

IMG_2111 IMG_2107 IMG_2105

E despois dese quecemento xa estabamos preparados para poñernos co obradoiro. Marina, á que lle gustan moito as máscaras e sabendo que xa case temos aquí o Entroido , quixo que cada un de nós levara para a casa unha careta de meiga; así que pequenos e maiores puxémonos mans á obra e co padrón que ela trouxo, coas súas indicacións e coa nosa creatividade, quedaron unhas carautas dignas de calquera “peliqueiro”. Podedes ver o ben que quedaron na nosa páxina de Facebook.

IMG_2118 IMG_2125

Coma sempre queremos darvos as grazas por achegarvos á libraría e participar con tanto entusiasmo nas actividades que vos propoñemos.

Exposición 1

Moitas grazas tamén a Marina por unha tarde fantástica e por deixar que as súas fermosas ilustracións adornen as nosas paredes.  Se aínda non as vichedes estarán no noso espazo de exposicións ata o día 7 de febreiro.

Exposición2 Exposición3

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: