Skip to content

CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS

Xaneiro 23, 2013

Sesión de contacontos en lingua oral e lingua de signos.

LIBROS PARA SOÑAR celebrará este venres en Vigo, a partir das 18:30 horas, una sesión especial de contacontos na que se combinará a linguaxe oral e a linguaxe de signos. A logopeda Eva G. Menduiña, profesora de audición e linguaxe no CEIP Escultor Acuña de Vigo, explicará que é a linguaxe de signos e, coa axuda da intérprete Aránzazu Casas Avendaño, contará un conto da súa autoría no que se van compaxinar os dous códigos.

No repertorio tamén figura “Un globo vermello”, da autora e ilustradora italiana Iela Mari, publicado por Kalandraka; un libro sen texto cunhas imaxes moi definidas que, polo seu carácter visual, resulta especialmente recomendado polos expertos para a narración con persoas xordas.

"Un globo vermello", de Iela Mari (Kalandraka).

Co obxectivo de afondar na integración, dende a infancia, das persoas con discapacidade auditiva, o CEIP Escultor Acuña é o primeiro centro estatal público de educación infantil e primaria que, neste curso académico, comezou a impartir lingua de signos de xeito formal, como una materia máis dentro do horario escolar. Trátase dunha experiencia pioneira en Europa. Ademais, as clases de lingua de signos son extensivas tamén ás familias a través de actividades extraescolares.

A iniciativa enmárcase nun proxecto plurilingüe que favorece a aprendizaxe e a reflexión en todas as linguas que se dan nesa comunidade educativa: galego, castelán, inglés, lingua de signos e outras linguas que poidan convivir no centro. Esta acción forma parte do Portfolio das linguas, un proxecto liderado pola Axencia de Programas Educativos Europeos que desenvolve a Consellería de Educación, e que serve para a autoavaliación e a reflexión lingüística.

Dende o curso pasado, o CEIP Escultor Acuña tamén participa no Proxecto PEL, a través da colaboración establecida co programa de doutoramento en Lingüística e as súas aplicacións das Universidades de Vigo e da Coruña, e que deciden introducir neste proxecto a lingua de signos española.

LINGUA DE SIGNOS TAMÉN NAS SESIÓNS PARA BEBÉS

O 30 de xaneiro, a partir das 17:30 horas, retomaranse en LIBROS PARA SOÑAR as sesións quincenais de contacontos para bebés de 0 a 3 anos. Estas actividades veñen incorporando tamén a utilización da linguaxe de signos a través de cancións que se cantan oralmente co acompañamento de sinais sinxelos.

Trátase da posta en práctica dun método denominado “baby sign”, creado nos anos 80 por expertos en desenvolvemento infantil. Conta cun amplo seguemento en Estados Unidos e nos últimos anos foise trasladando a Europa. Este sistema estimula a adquisición da linguaxe por parte dos cativos, favorece o seu desenvolvemento emocional e mellora a comunicación entre pais e fillos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: