Skip to content

¡BRUJAS!

Xaneiro 23, 2013

Marina 1

O venres 25 de xaneiro ás 18:00 horas na libraría da Coruña teremos con nós á ilustradora Marina Seoane Pascual, nunha tarde que seguro estará chea de maxia, conxuros e feitizos. Recitaremos algúns dos poemas que forman parte do libro ” ¡Brujas! “, escrito por Carmen Gil e ilustrado pola propia Marina coa que, ademais, aprenderemos a facer unhas fantásticas máscaras de meiga.

Nacida en Madrid  e licenciada en Belas Artes na Facultade de San Fernando, na súa longa traxectoria profesional leva publicados máis de 200 libros como ilustradora, cinco deles tamén como escritora; deseñado e publicado carteis para distintas campañas de animación á lectura e participado en múltiples exposicións tanto individuais como colectivas. Como docente imparte habitualmente obradoiros de ilustracións para estudantes e profesionais. Actualmente compaxina o seu labor como ilustradora co seu traballo como directora de arte na editorial Edimáter.

Marina 2

Algúns dos últimos libros ilustrados por Marina, ademais de “Brujas”, son: a adaptación do clásico ” Bela e Besta” da editorial Galaxia; ” Lúa de Senegal “ con texto de Agustín Fernández Paz e “O aroma do liquidámbar” escrito por An Alfaya, publicados ambos en Xerais; “Ven a buscarme” escrito por Javier Marías e publicado por Alfaguara ou “Vamos a viajar”“Nela”, escritos por Fátima Fernández e publicados por Edimáter.  Algunhas destas ilustracións poderán ser contempladas na libraría a partir do venres no noso espazo de exposicións.

Marina, que dende nena está moi vencellada a Galicia, vive na actualidade moi perto da Coruña, no concello de Oleiros. Se queredes saber máis do seu traballo podedes facer unha visita ó seu blog persoal, Sueños.

Marina 3

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: