Skip to content

CURSO DE CONTACONTOS PARA ADULTOS, CON BEA CAMPOS

Xaneiro 15, 2013
tags:

Bea Campos impartirá un curso de contacontos en Libros para Soñar-Vigo do 4-8 de febreiro.

A actriz e narradora Bea Campos vai impartir un curso de contacontos para adultos na libraría infantil Libros para Soñar de Vigo, que se celebrará do 4 ao 8 de febreiro en horario de 17:00 a 20:00 horas. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

O curso vaise estruturar en varias fases: inicialmente, farase unha clasificación dos álbums ilustrados por idades, atendendo á súa temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan actualmente no mercado.

Tamén se abordarán pautas sobre como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público, segundo sexan nenos ou maiores. Neste apartado prestaráselle unha especial atención á recuperación e posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, como legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas. A través de xogos de expresión e exercicios de relaxación, abordaranse as técnicas para aprender a contar. Na recta final do curso, os participantes poderán preparar a narración e escenificación dun conto.

Beatriz Campos é licenciada en Arte Dramática. Dende moi nova ten contacto co teatro a través da súa participación na compañía Migallas, coa que representou diversas obras e interviu en actividades infantís como o programa “Á procura do tesouro”, que se desenvolve no Concello de Pontevedra. Traballou no equipo de animación á lectura de Kalandraka, realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías, bibliotecas e centros culturais. Está vencellada aos grupos Inversa Teatro, Arela das Artes e Triatreros. Nos últimos anos protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas”, que se representa por toda Galicia. Participa en espectáculos de improvisación e foi intérprete no documental “Pelo Gato 24”. Tamén imparte clases a grupos de teatro afeccionado e cursos de contacontos para o profesorado.

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de contacontos que terá lugar en Libros para Soñar, a un prezo de 35 euros (que se reduce a 30 € no caso de estudantes e desempregados).

Beatriz Campos impartirá un curso de contacontos en Libros para Soñar-Vigo do 4 ao 8 de febreiro..

2 Comentarios leave one →
  1. Xaneiro 15, 2013 9:59 pm

    Para cando un curso como este na Coruña? Estaría encantada de ir, pero non podo desprazarme a Vigo…😉 un saúdo!

    • palabras no ar permalink*
      Xaneiro 18, 2013 1:07 pm

      Xa fixemos varios cursos de contacontos en Coruña, o último foi en Novembro do ano pasado. Posiblemente fagamos outro nos vindeiros meses. Anunciarémolo no blog e no Facebook. Tamén podes enviarnos o teu enderezo de correo electrónico e incluímoste na nosa base da datos para que te chegue directamente a información. O correo da libraría da Coruña é lpscoruna@kalandraka.com. Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: