Skip to content

SUPERCIDADES NO NADAL

Decembro 14, 2012

SUPERCIDADES VIGO

LIBROS PARA SOÑAR- VIGO vai recibir na semana do Nadal a uns arquitectos, urbanistas e obreiros moi especiais. Do 26 ao 29 de decembro, de 10:30 a 13:00 horas, Pablo Otero impartirá un obradoiro de creación plástica para nenos e nenas a partir de 6 anos. “Supercidades” consistirá no deseño e produción dunha cidade en miniatura, tal e como lles gustaría que fose o lugar no que viven. Os traballos que resulten desta actividade lúdica van quedar expostos na libraría.

Parques, granxas, edificios, coches, xardíns, rúas e estacións nas que non faltará un toque de imaxinación, serán os elementos sobre os que se construirá a “Supercidade” de LIBROS PARA SOÑAR.  Despois de familiarizarse co concepto de escala humana e cos planos, os participantes comezarán a modelar e pintar as instalacións que elaboren artesanalmente.

Traballando VIGO

A proposta de Pablo Otero trata de desenvolver a imaxinación e a creatividade dos rapaces durante o tempo de lecer, polo que -do resultado do traballo do grupo- xurdirá unha cidade máis aló do real.

Ademais de desenvolver unha actividade manual e de destreza plástica, a participación nesta proposta leva acompañada unha reflexión sobre o espazo vital no que reside a poboación infantil, para que poidan achegar a súa visión crítica como cidadáns e definir a relación emocional queteñen con respecto ás rúas, ós parques ou ós barrios aos que está asociada a súa vivencia cotiá.

Pablo Otero é un artista plástico Cunha ampla traxectoria multidisciplinar. Ilustrou libros infantís como “Contos por teléfono” (Premio Isaac Díaz Pardo-AGE 2011), “A cociña de Toto Murube”, “O príncipe das sombras” ou “ABC diario”, da colección ‘Alfabetos’ de KALANDRAKA. Tamén imparte obradoiros de creación para escolares.

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

3 Comentarios leave one →
  1. Decembro 15, 2012 9:24 pm

    Ola Carmela e Sandra!

    Son Pablo Otero e coma sempre o escaparate que fixéchedes de Todo Murube quedou estupendo.

    O venres paseino moi ben e espero que vos gustase a experiencia. Xa podedes ver os resultados no meu blog.

    Moitas grazas!
    Un bico!

  2. rosana pazos permalink
    Decembro 21, 2012 9:24 am

    Hola, gustaríame saber cando organizaredes outro taller de contacontos xa que me gustaría formarme como tal. Un sáudo

    • palabras no ar permalink*
      Xaneiro 15, 2013 1:53 pm

      Do 4 ao 7 de febreiro, en na libraría de Vigo haberá un novo curso de contacontos impartido por Bea Campos. Vimos de publicar un artigo sobre a actividade.
      Saúdos e grazas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: