Skip to content

FEDERICO MARTÍN NEBRAS EN VIGO

Novembro 18, 2012

O narrador Federico Martín Nebras sostén que a construcción da memoria é un factor fundamental para achegar o libro e a lectura aos nenos e nenas mesmo a partir do momento do seu nacemento. “A literatura sempre é unha viaxe desde o meu mundo ao mundo dos outros”, indica este polifacético escritor, antólogo de grandes poetas, contacontos, animador á lectura e editor. Federico Martín visitará LIBROS PARA SOÑAR VIGO a próxima semana para impartir un curso titulado “Animar a ler cun libro entre as mans”.

As sesións realizaranse o venres 23 de 17:00 a 20:00 horas, e o sábado 24 de 10:30 a 13:30 horas. Cun prezo de 25 euros, están dirixidas a profesorado, docentes, educadores, bibliotecarios, autores e ilustradores de álbums infantís, pais e nais, que descubrirán “os sete chanzos nos que se apoia a memoria para asegurar o campo imaxinario dos cativos”. Así, no eido da escrita, Federico Martín considera que os textos para nenos han de ser “elementais, que non simples”. Federico Martín parte do feito de que nun primeiro momento na vida dos nenos “a memoria é corporal”, polo que nesta etapa recomenda “contar e cantar” nanas e cantos corporais baseados na “memoria poética”. Nun segundo momento, a literatura vólvese “adverbial e locativa”, ao incorporar elementos do entorno inmediato, polo que a base dos contos é “a herdanza colectiva, a tradición oral”.

Martín Nebras coordina e colabora en seminarios de literatura infantil e xuvenil en toda España. Participa como ponente en numerosos congresos internacionais de literatura, e ten impartido cursos e charlas en diversos países, como Italia, Colombia, México e Marrocos. Tamén é o editor do selo ‘Libros de la Mora Encantada’.

MÁIS INFORMACIÓN: LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf 986 433 768 | lps@kalandraka.com

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: