Skip to content

PRESENTACIÓN DAS PRENDAS DE CASA K… PARA VESTIR DE CONTO!

Novembro 16, 2012

LIBROS PARA SOÑAR acolleu -na súa presentación en sociedade- o equipo de Casa K, unha nova marca téxtil galega que nos sorprende, a pequenos e maiores, con prendas de roupa moi especiais: camisetas e pixamas para nenos e nenas de 2 a 6 anos, estampadas cos personaxes dos contos “O coelliño branco” e “A cebra Camila”, publicados por KALANDRAKA.

Olalla González foi a mestra de cerimonias desta sesión especial de contacontos, cunha posta en escena na que os libros compartían protagonismo cun orixinal CasArmario deseñado por Marc Taeger e cun sinxelo percheiro no que lucían os modelos da colección Outono-Inverno.

Co autor de “O coelliño branco”, Xosé Ballesteros, e co ilustrador desta obra, Óscar Villán, lembramos un relato que gusta a todos e que xa é un clásico de KALANDRAKA, galardoado en 1999 co 1º Premio Nacional de Ilustración.

Armados de papel e lapis de colores, a velada rematou cun taller de debuxo no que os máis cativos plasmaron como lles gustaría estampar a súa propia roupa: flores, bolboretas, formas abstractas… mentres os adultos practicaron coa construcción de figuras de origami.

O Coelliño Branco e a Cebra Camila saltaron das páxinas do papel para instalarse nos nosos gardarroupa. E durante unha tempada vanse asomar ao mundo dende o escaparate de LIBROS PARA SOÑAR, para que o público aprecie a calidade destas prendas alegres, cómodas e suaves como unha caricia coas que xa é posible… vestir de conto!

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: