Skip to content

PRESENTACIÓN EN VIGO DAS PRENDAS DE ROUPA DE ‘CASA K’

Novembro 15, 2012

 

Mañá venres día 16, a partir das 18:30 horas na libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo (rúa Triunfo, 1), celebrarase a presentación pública de CASA K, unha nova marca galega de roupa infantil. O acto de lanzamento da Colección Outono-Inverno 2012 contará coa presenza do artista plástico Óscar Villán, autor das imaxes que ilustran os libros titulados “O coelliño branco” (1º Premio Nacional de Ilustración 1999) e “A cebra Camila”, nos que se basean os estampados destas primeiras prendas: camisetas e pixamas para nenos e nenas de 2 a 6 anos, alegres, cómodos e suaves coma unha caricia. Na presentación realizarase unha sesión de contacontos e un obradoiro infantil de plástica creativa.

Consultade o catálogo na web de Casa K, a súa páxina en Facebook e o seu perfil en Twitter para terdes máis información.

Podedes adquirir os modelos, nos diferentes talles (2-3, 4-5 ou 6-7, dependendo da idade) nos establecementos de LIBROS PARA SOÑAR, tanto en Vigo como na Coruña.

Camiseta e pixamas. Prendas alegres, cómodas e suaves como unha caricia, para vestir de conto!

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: