Skip to content

SESIÓN DE CONTOS EN A CORUÑA

Outubro 24, 2012

Na libraría de A Coruña,  ademais de compartir con todos ós que vos achegástedes o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012 concedido a Kalandraka, quixemos agradecer o voso apoio neste primeiro ano da nosa andaina.

Ana Abelenda, coa axuda de Willy, o chimpancé creado por Anthony Browne, agasallounos cunha sesión de contos ben divertida.

Algúns dos nosos ratiños preferidos foron os protagonistas: Frederick“, “Paco” e “A ratiña Presumida” contáronnos as súas historias.

Tiñamos tanto que celebrar que quixemos que todos participasedes da nosa ledicia.

Willy trouxo  a súa comida preferida, plátanos; aínda que como sabe que somos moi lambereteiros, eran todos todiños de caramelo. Nin un quedou para facerlle unha foto!

As rapazas de Arkhé quixeron sumarse á nosa celebración deixándonos tres cheques agasallo para rifalos entre os nenos e nenas que viñeron escoitar os contos. A pequena Xiana foi a gañadora do primeiro deles. Aínda temos dous máis gardadiños para as vindeiras sesións.

Como este mes estámoslle a facer unha homenaxe  a Anthony Browne e como era para nós un día moi especial, quixemos tamén sortear entre os máis pequenos dous dos seus libros, o que eles preferisen. Os gañadores foron Carlos, que elexiu “Un gorila” e Martín, que preferiu “Que tal estás?”.

Moitas grazas a Ana, a Arkhé e  a todos os amigos, grandes e pequenos, que ó longo deste ano axudáronnos a facer de Libros para Soñar unha libraría chea de vida.

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: