Skip to content

ACTIVIDADES DE OUTONO

Outubro 15, 2012

Chegou o outono e as nosas librarías comezan coa súa programación de actividades. En Vigo este mércores 17 de outubro empezamos as sesión de contos para bebés, aínda que desta vez será unha sesión especial dirixida a pais e nais, unha charla para “Animar a ler en familia de 0 a 3 anos”. E na nosa habitual sesión dos venres, o día 19, faremos entre todos un obradoiro de “Sacapenas” que completará unha tarde de contos adicada ós sentimentos da man de Willy, o chimpancé protagonista do libro Que tal estás?”, creado polo escritor inglés Anthony  Browne.

Tamén adicada a Anthony Browne será a exposición que inauguramos o venres 19 na Coruña, cunha sesión de contos na que, ademáis das historias que nos contará Ana Abelenda, teremos algunhas sorpresiñas preparadas para ós que se acheguen á libraría ese día. Neste mesmo mes, o día 26, será un dragón o que chegará voando e fará unha paradiña en A Coruña para contarnos algún conto e ensinarnos algúns dos trucos que a súa familia utiliza dende sempre para falar e botar fume ó mesmo tempo.

Tampouco nos esquezemos dos que ademáis de desfrutar coas historias queredes aprender a  transmitirlle o voso entusiasmo ós máis pequenos. En Vigo Bea Campos impartirá un curso de contacontos do día 5 ó día 9 de Novembro. Na Coruña Tim Bowley e Charo Pita estarán na libraría os días 9 e 10 de Novembro, para compartir a súa experiencia. Ámbolos dous cursos teñen xa aberto o período de inscrición.

Non serán os únicos autores que visiten as librarías en Novembro.  Tanxarina Títeres ten xa confirmada a súa presenza en Libros para Soñar-Vigo o venres 30 para presentar “Titiricircus”. Na Coruña teremos que esperar un pouquiño máis para desfrutar do seu espectáculo.

Pero de todo isto e moito máis irémosvos avisando coma sempre según se vaian achegando as datas. Xa sabedes que tedes toda a información sobre as nosas actividades no Facebook das librarías.

Comezamos pois outro outono cheo de contos!!

No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: