Skip to content

CADA VEZ MÁIS ALTO

Outubro 2, 2012
tags:

Como libreira acontece de cando en vez que atopas un libro que, aínda que che namore dende a primeira lectura, tes a intuición de que non vai ser doado de vender. Se eres libreira infantil tes que superar ademais unha dificultade engadida, ás máis das veces hai que chegar primeiro a un mediador, o adulto encargado de poñer o libro nas mans do neno. Enfróntaste aquí os prexuízos que moitos adultos temos sobre o que lles gusta ou nos lles gusta aos máis pequenos ou sobre o que deberían ou non deberían ler.

Poderíase pensar que isto ocorre sobre todo coas obras que tratan temas que a nosa época considera pouco axeitados para a nenez e, si, pásanos con ese tipo de libros (aínda que por sorte cada vez menos), pero, dun xeito máis sorprendente, acontécenos tamén con aqueles que utilizan recursos narrativos habituais e moi valorados na literatura para adultos pero que estimamos demasiado complexos para a literatura infantil. Isto é moi evidente, por exemplo, co humor: sistemáticamente infravaloramos a mente dos máis pequenos e pensamos que só aprecian un tipo de humor, o máis obvio, e por suposto que aos nenos failles graza a caca, o broucazo na cabeza, o esvarón coa pel de plátano… pero tamén son máis que capaces de apreciar a sutileza, o humor negro, o absurdo ou a ironía. O humor que apela á súa intelixencia.

As narracións que requiren a participación activa de quen le, os álbumes que xogan coa aparente contradicción entre o texto e a ilustración, a interferencia do narrador no narrado, as chiscadelas ó lector….os xogos literarios que constitúen unha parte tan importante do pracer da lectura poden ser igualmente desfrutados polos máis pequenos. Axuda, claro, que o autor saiba o que está a facer.

Ao castelán traducíranse ata o momento dous álbumes escritos polo poeta austríaco Ernst Jandl e ilustrados polo artista alemán Norman Junge, publicados ambos por Lóguez- editorial á que lle debemos o descubrimento de fantásticas obras de literatura infantil en lingua alemá- e que son  exemplos perfectos do que estamos a falar. O máis coñecido é quizais Ser quinto” e o preferido de quen isto escribe, “Antípodas”, un auténtico frechazo nada máis abrir a súa primeira páxina. Agora Kalandraka ven de publicar en galego e castelán Cada vez máis alto”, un poema acumulativo de aparente sinxeleza e múltiples lecturas, que consegue meternos, coa axuda das suxerentes ilustracións, nese estraño mundo que hai entre a vixilia e o sono e que comparte coas  dúas obras anteriores a mesma calidade e o mesmo respecto polo lector sexa cal sexa a súa idade.

Escrito por: Ernst Jandl.

Ilustrado por: Norman Junge.

Editado por: Kalandraka

2 Comentarios leave one →
  1. Eduardo permalink
    Outubro 10, 2012 11:45 am

    Parabéns pola parte que vos toca no premio ao Labor Editorial recibido por Kalandraka!

    • palabras no ar permalink*
      Outubro 14, 2012 2:11 pm

      Moitas grazas! Estamos moi contentas, sobre todo polos compañeiros e compañeiras da editorial. É un merecido recoñecemento ó seu traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: